Fernández Lores camiña cara o seu quinto mandato consecutivo en Pontevedra

Ve ao BNG "en ascenso" porque outras forzas "emerxentes non están nese proceso", di en alusión ás mareas ás que volve atacar porque "non ofrecen un proxecto serio". Volve incidir en que non se poden relacionar os conceptos "emprego" e "riqueza" con Ence.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/02/2018 | Actualizada ás 18:36

Comparte esta noticia

"Xa se pode dicir publicamente: á miña xente non lle gustou nada que dixese que me presentaba con tanto antelación, por tanto non vou dicir absolutamente nada máis até as próximas eleccións". O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, referiuse deste xeito aos comicios locais do próximo ano nos que podería encadear o seu quinto mandato consecutivo á fronte dunha alcaldía. Isto suporía estar 24 anos ao fronte dun concello, moito máis que moitos dirixentes do Partido Popular.

Fernández Lores co bastón de mando de Pontevedra
Fernández Lores co bastón de mando de Pontevedra | Fonte: pontevedraviva.com

E é que o do BNG xa expresou hai case un ano a súa intención de repetir como candidato nas municipais de 2019. De feito, que o fixese público con tanta antelación non gustou no seu círculo persoal, como comentou este domingo.

Lores leva de rexedor desde 1999, cando se fixo co mando municipal. Desde entón, e a pesar de que os estatutos do BNG limitaban os mandatos, Lores repetiu como candidato en catro ocasións e vai camiño dunha quinta, converténdose nun dos dirixentes do BNG máis lonxevos en política e superando a destacados políticos como Fraga, que só estivo catro mandatos.

ENCE

Por outra banda,  volveu a asegurar que Ence "ocupa un espazo que non debería" e que o seu impacto nos postos de traballo do municipio representa "unha porcentaxe moi pequena", polo que, ao seu xuízo, non se poden ligar os conceptos "emprego" e "riqueza" coa pasteira de Lourizán.

Nunha entrevista concedida este domingo á Radio Galega, o rexedor nacionalista incidiu en que a única saída ao conflito é que tanto Ence como Elnosa abandonen a Ría de Pontevedra.

VE AO BLOQUE EN ASCENSIÓN

Para o rexedor pontevedrés, o Bloque recuperarase en 2019 do pau sufrido nas urnas fai tres anos, aínda que recoñece que "outra cousa é que para dar un salto e estar a gobernar noutras cidades non vai ser moi fácil".

Deste xeito, cre que "a liña de traballo seria e rigorosa" mantida desde a chegada á portavocía nacional de Ana Pontón fará que o BNG recupere terreo e conte "con representación en todas as cidades".

"Outras forzas políticas emerxentes creo que non están nese proceso de crecemento que nos pode impedir a nós ter unha representación máis ampla", manifestou en alusión ás 'mareas' municipalistas, das que cre que xeraron "máis expectativas do que a realidade está a deparar".

Así, Fernández Lores ha teorizado con que, ao seu xuízo, as mareas non ofrecen "un proxecto claro", "experiencia de goberno" ou "propostas un pouco máis serias e rigorosas". Fronte a iso, contrapuxo a un Bloque con "unha historia detrás" e "unhas formulacións perfectamente definidas de defensa do país".

"Non creo nas 'mareas' nin creo en que poida haber ese acordo entre distintas forzas con, ademais, obediencia estatal. Eu non aposto por iso", remarcou o nacionalista.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 25 comentarios

15 A_envexa_e_teimuda

Como ben dixeron noutro fío hai tempo, Lores ten un conxunto de xente traballando no seu concello. Sería tempo de recoñecer a labor desa xente. Á parte diso, o feito de que repita na súa candidatura é un erro; porque o BNG non ten escaseza de talento nas súas ringleiras. E do resto...non é raro que comenten os PPsoeiros. Son incompetentes e viven de criticar ós demáis, non de facelo ben eles porque os seus resultados...Deus que desastre!,

14 PcRs

O mesmo San Lores que serve para apañar centos de votos na dereita españolista en Pontevedra, fai perder moitos milleiros de votos para o BNG nas camadas máis concienciadas e críticas de galegos comprometidos que non tragan o eterno Lores elevado aos altares, por clasista e toureiro. Lores non é do BNG, como xa dixeron outros comentaristas, é un Paco Vázquez ou un Abel Caballero, polo que os votos apañados en Pontevedra son moito menos que os perdidos en Galiza polo BNG. Non ver o evidente amosa a cegueira do aparato do BNG. E aviso, igual que os demais santos líderes, mañá vai ser un grande problema (e diso o BNG xa sabe, debería ter aprendido de erros ben recentes).

13 Celidonio

Lores é un valor seguro para garantir a continuidade do españolismo rancio e casposo sobre Pontevedra. Un espellismo de liberación para o povo, salvo para a cuadrilla de liberados que non paran de aloumiñalo a cambio de mantenta: Olé Lores! Dos orejas y un rabo!

1 unmais

que Lores goberné en Pontevedra, a cidade mais conservadora da Galiza é un milagre e a razón é a sua boa xestion, os vecinos non son parvos, ogalla outros alcaldes de ciudades galegas non den paso de novo ao PP, ainda que me temo o peor, e sobre todo oxala se traballase mais polo País e se criticase menos a quen traballa

2 Xan do Can

Os veciños non son parvos: votan en masa a Lores, os mesmos veciños que en manada votan a Feixoó e a Raxoi. Será pola boa xestión de Feixoó e Raxoi, será pola excelente limpeza e calidade democrática do Partido Podre, será polo excelente sentido da veciñanza ou será que a túa análise é unha parviocie: ou o que serve para Lores non serve para Raxoi? Ridículo taparrabos, así vai o país e prospera o nacionalismo galego!

12 O Comandante

O BNG tamén ten o seu dereito a poñer en valor o seu Abel Caballero

11 Lozano e Lores SLU

Sabedes que o "modelo" de Lores non é o exemplo do BNG, e tendo a certeza de que nada aporta ao progreso do nacionalismo galego seguides apostando por un liderato de pantalla. Non vos entendo aos que sodes tan críticos con alcaldes figurantes, familias eternas, localismos noxentos, vividores da política... Acaso non ollades os resultados do BNG en Pontevedra nas eleccións galegas e nas estatais? Non sabedes que é a cidade menos galeguizada grazas a Lores? Pódese dicir que o alcalde que subvenciona os touros (directamente primeiro e agora de tapado), trae cono estrelas das últimas festas da Peregrina a recoñecidos ultras como Bertín Osborne e Alaska, é alcalde galego de nación? Se fora un proxecto colectivo, do BNG, poderíase substituir, se é o carisma, o liderato e a adoración nocturna, como é Lores, hai temor!

1 La pastillita loqui

I no te deja aparcar en la acera loquito