Inmigrantes, os novos galegofalantes

Investigadoras do Reino Unido comparan os casos de Galicia e Gales como exemplos de países onde as linguas propias —en convivencia con idiomas dominantes— son aprendidas por inmigrantes para a súa integración. Nicola Bermingham, profesora da Universidade de Liverpool e coautora do estudo, explica a GC os resultados da investigación.

Por Alberto Quian | Santiago de Compostela | 16/03/2018 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Que idioma adoptan os inmigrantes que chegan a Galicia? É o galego útil para eles? Considéranse falantes lexítimos da nosa lingua? Estas son preguntas básicas ás que tentan responder as profesoras británicas Nicola Bermingham (Universidade de Liverpool) e Gwennan Higham (Universidade de Swansea), interesadas en comparar as realidades idiomáticas das comunidades inmigrantes en Galicia e Gales, "dous contextos subestatais nos que a presenza dun idioma estatal e un idioma local revelan diferentes complexidades e realidades lingüísticas que afectan o novo falante", introducen.

Feijóo saúda a uns inmigrantes subsaharianos en Vilagarcía durante a campaña electoral das xerais
Feijóo saúda a uns inmigrantes subsaharianos en Vilagarcía durante a campaña electoral das xerais

Comparando os resultados de dous proxectos de investigación  etnográfica, as profesoras británicas concluíron que "os inmigrantes en ambos os contextos —o galego e o galés— desafían os conceptos tradicionais de novos falantes de linguas minoritarias, abrindo novas formas de pertenza e tamén revelando límites aos seus camiños de converterse en novos falantes lexítimos", aportan.

"Pode alguén que non é considerado nativo de Galicia ser aceptado como un falante lexítimo da lingua galega?", pregúntase a profesora Nicola Bermingham.

Os datos deste estudo sobre a realidade galega forman parte dun proxecto de doutoramento máis amplo de Nicola Bermingham, cuxa motivación xurdiu do seu interese en "explorar o contexto sociolingüístico de Galicia no século XXI, ao observar especificamente como as cambiantes ondas de migración significaron que agora hai inmigrantes de fóra de España que están a aprender o idioma galego a través do sistema educativo", explica a Galicia Confidencial.

Bermingham, profesora de Estudos Hispánicos no Departamento de Linguas e Culturas Modernas da Universidade de Liverpool, centrouse no seu estudo especificamente nun grupo de inmigrantes de Cabo Verde que son novos falantes de galego e español, pero tamén falantes nativos de portugués e crioulo de Cabo Verde. "Descubrín que estes repertorios lingüísticos complexos tiñan implicacións interesantes para o proceso de integración na súa comunidade de acollida e para o proceso de formación de identidade", comenta a profesora.

Álex Landim, alumno do Modelo Burela, e a expedición acompañante (encabezada polo director do IES Perdouro, Santiago Pérez) recibiron o saúdo do Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez
Álex Landim, alumno do Modelo Burela, e a expedición acompañante (encabezada polo director do IES Perdouro, Santiago Pérez) recibiron o saúdo do Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez

Esta nova achega que agora publica canda Gwennan Higham —profesora de galés— "discute os desafíos e as oportunidades que enfrontan os inmigrantes cando negocian un contexto de lingua nova e minoritaria".

"A maior presenza de inmigrantes en Galicia e Gales que aprenden o idioma minoritario e maioritario está abrindo novas formas cívicas e plurais de pertenza".

O traballo, prosegue Bermingham, "examina especialmente as cuestións de lexitimidade: pode alguén que non é considerado nativo de Galicia ser aceptado como un falante lexítimo da lingua galega?".

O que atoparon as profesoras británicas é que "este estudo de caso [o galego] comparte moitos paralelismos co contexto de Gales, onde se descubriu que os inmigrantes están a aprender galés para mellorar as súas oportunidades no mercado laboral e para a comunicación". 

"No artigo sostemos que, en ambos os contextos (Galicia e Gales), a maior presenza de inmigrantes que aprenden o idioma minoritario e maioritario da rexión está a transformar a relación entre a lingua e a identidade étnica e abrindo novas formas cívicas e plurais de pertenza", detalla Bermingham a este xornal.

As investigadoras salientan no estudo que "os inmigrantes que aprenden e usan o galego ou o galés fano para a mobilidade social e a comunicación, aínda que as súas motivacións para aprender o idioma da minoría nacional tamén poden estar vinculadas ao marco do valor do orgullo". Ademais, suxiren que en ambas "hai un movemento crecente cara a un marco baseado nos beneficios vinculado ao aumento do capital económico". 

"Os inmigrantes de Galicia e Gales reclaman o idioma pero non necesariamente a etnia ou identidade asociada con el".

En resumo, Bermingham e Higham argumentan que os inmigrantes que adoptan o galego e español, no caso de Galicia, e o galés e inglés, no de Gales, "reclaman o idioma pero non necesariamente a etnia ou identidade asociada con el". "Desta maneira, suxerimos que o idioma local lles permite cambiar entre as comunidades de falantes, reflectindo de moitas maneiras os seus propios repertorios e identidades plurais", clarifican.

Con todo, estes dous estudos realizados en Galicia e Gales tamén revelan que "os membros da comunidade anfitrioa tamén poden rexeitar a reclamación dos inmigrantes sobre o idioma". "No caso do galego, algúns dos entrevistados son autocríticos da súa reivindicación de ser novos falantes debido a que non son nativos. No caso de Gales, os entrevistados afirmaron que os recursos limitados e o acceso ao idioma minoritario os excluían da aprendizaxe da lingua. Ambos os casos revelan que estes inmigrantes poden non considerarse falantes lexítimos ou auténticos do idioma, influíndo en moitos casos na súa relación e confianza como novos falantes", conclúen as investigadoras.

MODELO BURELA, UN REFERENTE 

A posición que manteñen as investigadoras británicas é que "aínda que as políticas poden axudar a facilitar o acceso á educación en idiomas minoritarios, son a miúdo as iniciativas comunitarias as que poden achandar o camiño a cambios nas actitudes e o comportamento tanto dos novos falantes inmigrantes como dos falantes nativos de idiomas minoritarios".

"Un exemplo dunha iniciativa baseada na comunidade que está a alentar os novos falantes de galego de diferentes orixes é o Proxecto Neo en Burela, dirixido por Bernardo Penabade", destaca Bermingham na súa conversa. 

"Son iniciativas como o Proxecto Neo en Burela as que poden xerar cambios tanto nas actitudes como no comportamento cara ás linguas minoritarias".

A profesora da Universidade de Liverpool considera que "son proxectos como este os que poden xerar cambios tanto nas actitudes como no comportamento cara ás linguas minoritarias", de aí a importancia que lle dá a esta iniciativa, que botou a andar en xaneiro de 2012 para promover e alentar desde Radio Burela a integración de inmigrantes na cultura de destino, sen descoidar a atención ás culturas orixinarias.

O certo é que Burela se converteu no perfecto exemplo de integración lingüística. A intervención educativa coñecida como Modelo Burela, do IES Perdouro, xa recibiu varios recoñecementos, un de carácter internacional a través do proxecto Hitzargiak da Fundación Donostia/San Sebastián Capital Europea da Cultura 2016, que ten como obxectivo a creación dun novo modelo de convivencia nas relacións entre cidadáns.

O Modelo Burela, en aplicación desde 2004, foi no seu día tomado como base para a elaboración do Proxecto de planificación lingüística municipal, que foi aprobado por unanimidade de todas as forzas políticas no Concello de Burela en abril de 2008.

No marco desta iniciativa se desenvolve o Proxecto Neo, que inclúe un programa semanal de Radio Burela desenvolvido en colaboración coa área de Innovación Educativa do IES Perdouro. O obxectivo é darlle visibilidade a persoas neofalantes de galego, nomeadamente aquelas que residen no Concello de Burela, e facer da lingua un instumento de integración de alumnos foráneos.

Este programa de integración conseguiu unha taxa de éxito do 70%, con todo, mantense con voluntarismo e fondos dos premios que o avalan. As escasas axudas levaron ao bordo da extinción esta iniciativa educativa e integradora, que estivo a piques de desaparecer a finais de 2017. O propio impulsor do Modelo Burela, advertiu de que era precisa a implicación da comunidade educativa, da Asociación de Nais e Pais de Alumnos (ANPA), así como da Consellería de Educación da Xunta de Galicia e do Concello de Burela para manter vivo un proxecto que agora é tamén recoñecido e eloxiado por profefores universitarios do Reino Unido.

Nicola Bermingham e Gwennan Higham avisan de que "co aumento da migración e o acceso á educación de linguas minoritarias, as comunidades de acollida á súa vez deben responder a estas transformacións", non só desde a política, que "pode ser de gran axuda para facilitar o acceso a estes idiomas", senón tamén, e principalmenrte, mediante "máis iniciativas locais baseadas na comunidade", as cales "poderían achandar o camiño aos cambios nas actitudes e o comportamento tanto dos novos falantes inmigrantes como dos falantes nativos destes idiomas".

Os resultados do seu estudo publícanse no Journal of Multilingual and Multicultural Development nun artigo titulado 'Immigrants as new speakers in Galicia and Wales: issues of integration, belonging and legitimacy'.

Participantes do proxecto lingüístico Modelo Burela Participantes do proxecto lingüístico Modelo Burela
Participantes do proxecto lingüístico Modelo Burela Participantes do proxecto lingüístico Modelo Burela
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

3 Negro futuro

Moi bo como conto de ciencia-ficción. Na vida real é máis fácil ver un ovni que ver un dominicano a falar galego. PP e PSOE ben o saben, por iso os traen (entre outros motivos), e a esquerdallada "nacionalista" de bloque e vagos e mareantes a aplaudir coas orellas. Por certo, gran elección a foto de Feijóo cos "traballadores manteiros" para celebrar a festa multicultural que están a gozar en Lavapies dende a noite pasada. Próximamente en Galicia. En cidades como Lugo xa temos zonas no-go como o barrio da Milagrosa, onde os autóctonos non se atreven a entrar.

1 Eoquehai

Negro futuro pos de nome...porque unhas persoas doutra raza intenten falar en galego...en fin, eu nacin en galicia, son enxeñeiro e son negro, e toda a vida falei en galego porque é o meu idioma, a xente coma ti é o problema, falais do PP ou PSOE ti é mellor que lle votaras a VOX que e mais dos teus.Ala a rascar os collons

2 Buitres non

Eoquehai, ti tes de negro e exeñeiro o mesmo que de uzbezo e astronauta. Por certo, Galicia é con maíuscula.

3 Pintandobastos

Buitres non...Non tes nin como empezar, olla a RAG: " buitre Forma correcta: voitre" e logo o de " uzbezo", " exeñeiro", "maíuscula"... Por que os españolistas sodes tan negados?

2 Españolistas dades noxo

Normal que a aprendan, non sufriron a discriminación por falala de pequenos. Oxalá fose así para os que nos criamos aquí.

1 marea madrileña

si xa vemos as actuacions da polizonteria "moita da policía municipal e fascista" a marea de podreiros ten dominada a situación nos mandriles xente morta, tortazos policiais "o estilo catalanya" e xente do gobernó o podreiros non apareceu para facer xustiza nin levar a revolución nin nada, logo están a pedir votos estanse a rir da xente, o pepeiro non ten suficiente coa xitaneria expañolenta, (non me refiro os xitanos galegos) refirome a clans leoneses, e castelans e andaluceiros... e triste!!! triste ver o que conducen as promesas vacuas os engaños do politiqueo podrieros e pepeiros... son moi sinvergonzas e ainda teñen xente que lles vota, buscan retartados por todos lados frijoles que masilla eres...