Santiago contará para o vindeiro ano co grao universitario de Criminoloxía

Tamén se poderá estudar Biotecnoloxía e Paisaxe. Estas tres novas carreiras terán 50 prazas cada unha.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 26/02/2018 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A USC ofertará o vindeiro curso 4.700 novas prazas para titulacións de grao. Unhas novas prazas que, ademais das titulacións que xa ten esta universidade, poderan ser nos graos de Biotecnoloxía, Criminoloxía e Paisaxe, as dúas primeiras en Santiago e a última no Campus de Lugo.

A USC contará co grao de Criminoloxía
A USC contará co grao de Criminoloxía | Fonte: estudio criminal

Así o decidiu o Consello da Universidade a pasada semana, logo de ser estudos demandados por varios colectivos, especialmente, o de Criminoloxía, que ata agora era unha especialidade. Varias protestas e unha petición na plataforma Change.org reclamou que esta materia tivera rango universitario, como ao final aconteceu. 

Os novos graos terán 50 prazos. O resto de titulacións manteñen a oferta actual agás Bioloxía que pasa de 119 a 110, Medicina de 360 a 342 e Administración e Dirección de Empresas de Lugo de 90 a 85.

Na mesma xuntanza do órgano colexiado informouse de que a Comisión Electoral Central anunciará a vindeira semana o calendario electoral para a elección de reitor ou reitora e a renovación de representantes no Claustro Universitario.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta