Os traballadores acusan a Cortizo de aumentar beneficios “a conta da súa explotación”

A empresa de aluminios anunciou esta semana que o seu volume de negocio foi de 554 millóns de euros, xerando 84 millóns de euros de beneficio. “Será que gañan eles máis, porque nós non vemos un can”, aseguran os traballadores, que denuncian que algúns foron despedidos por negarse a facer horas extras nas últimas semanas.

Por Galicia Confidencial | Padrón | 01/03/2018 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Cortizo, fabricante de perfís de aluminio e PVC para a arquitectura e a industria, anunciaba esta semana que pechaba o 2017 con “cifras récord", volvendo establecer máximos históricos de facturación, produción e emprego. Así, suliñaba que en 2017 o seu volume de negocio foi de 554 millóns de euros, o que supón un incremento do 17,9% respecto dos 470 millóns do exercicio anterior.

Fábrica de Aluminios Cortizo
Fábrica de Aluminios Cortizo

Ademais, destacaba tamén que creou 290 novos postos de traballo, o que eleva o cadro até os 2.800 empregados. Este crecemento, indicaba, foi "especialmente significativo" nos seus centros produtivos de Padrón, onde conta con 1.539 empregados, 160 máis que no anterior exercicio.  Un anuncio que non gustou, precisamente, entre os seus traballadores que denuncian que ese crecemento “foi a conta da súa explotación”.

Hai un ano, colectivos de traballadores contactaban con este medio para denunciar “situacións escravistas” nesta empresa. Así, aseguraban que tiñan que traballar sábados e domingos e só libraban unha fin de semana ao mes e que os tiñan ameazados con despidos senón facían o que piden os encargados. “Fannos traballar 7 días seguidos (56 horas) en cada quenda sin descanso”, sinalaban entón. 

Unhas denuncias que, en declaracións a GC, desmentían posteriormente fontes autorizadas da empresa e indicaban que xa se fixeran algunhas “correccións nas quendas de fin de semana”, tal e como pedían os traballadores.  Ademais, e tras as informacións deste medio que tiveron gran repercusión na comarca, a empresa realizou cambios, como ter un calendario anual e quendas de traballo máis reguladas.

MALESTAR DOS TRABALLADORES

Non obstante, un ano despois, o novo anuncio da empresa de que segue aumentando beneficios, xerou malestar entre os traballadores. “Será que gañan eles máis porque nós non vemos un can”, apuntan a este medio representantes laborais que prefiren manter o anonimato por temor a represalias.

Camión da empresa Aluminios Cortizo
Camión da empresa Aluminios Cortizo | Fonte: toldosgomez.com

De feito, apuntan que, desde hai xa semanas que a empresa está despedindo a aqueles traballadores que non quixeron facer horas extras. Tamén sinalan que os obrigan a estar a catro quendas de traballo o que, din, “impide calquera tipo de conciliación laboral e familiar”. “Ás veces non disfrutamos da familia, sobre todo, os que temos nenos pequenos”, quéixanse. 

“CONDICIÓNS PRECARIAS”

De feito, tamén a estas críticas  sumouse CIG-Industria de Compostela. Benedicto Blanco, secretario comarcal desta federación asegura que ese medre “é a  conta de manter ao seu persoal nunhas condicións laborais precarias”. Así,  denuncia que todos os beneficios que este grupo gaña é “a costa de ter aos traballadores  atemorizados porque se non fas aquilo ao que che obrigan acabas na rúa”.

Neste sentido lembra que a empresa ten a obriga de elaborar un calendario laboral onde conste a distribución semanal e diaria da xornada, o horario de traballo para cada quenda, os descansos semanais e as vacacións e sempre axustándose ás 1.760 horas/ano. “A partir de aí, se logo a empresa quere facer unha distribución irregular da xornada pode facelo sempre que respecte as condicións que exixe o convenio.”

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 20 comentarios

10 SI PERO NON!

O zorro disfradazo de PALOMa e que acaba en ERO. Está claro e que hay moitas versións de memos conto, pero como vai a ser o "patrón" si xa nas filas de cortizo hay aspirantes a Al Capone con titulos que non nobiliarios, de presidente da mancomunidade, facengo migas co patron pq van a facer un poligono industrial en Dodro e hay que telo ahí ven o ladiño, e que nadie se presente, que pronto te queren votar para casa. Como non vades ter medo, si xa tendes o zorro na casa! HAY NON! QUE NON UN ZORRO, e unha PALOMa acabadA en ERO, coidado amigos, que o mais malo o final no e o darriba, e o do lado!!

1 SOMO DE DODRO PERO NO TONTOS!

Bueno bueno , ya veo yo que no se sabe eso solo en el pueblo lo del susodicho! Muy bueno eso de resaltar las mayúsculas! Aquí no lo quiere ni Dios, que se puede esperar de una persona que enterrando al padre ya estaba pensado en hacer dinero con las fincas, no espero ni dos dias, veremos cuanto tarda en que echen de la comunidad de montes pq todo se sabe y se debe pensar que los vecinos somos tontos y no sabemos lo que se trae con cortizo entre manos para el poligono industrial ! Con respecto a cortizo, yo tengo que decir que trabajé durante bastantes años a contratos y si que haciamos horas pero yo no veia que estubieran mal pagadas, pero visto lo visto hice bien en salir de ese bucle de cortizo , exlabesa, exlabesa cortizo, rompiedo contratos para ir de una a otra!

9 fillo do trenco

cortizo espabila que feijo vaiseche enfadar. E como vaia a inspeccion enserio xa veras ti

8 Tontos

Si de verdad hai tantos que están a disgusto, ata o carallo pois que perdan o medo e protesten e seguramente non sexan 4 a de haber mais de media plantilla que non esten a gusto. Que os van votar a todos, pois non eso disminuiria mais dun 30% os beneficios algo que Cortizo non creo que pase. Hai que loitar sin medo

1 Bos dias

Eu opino o mismo que ti. O que pasa que ahi poucos dan a caran os que a dan larganos para a calle. Hay pouco compañerismo porque joder jodenlle a todos non a uns empleados e a outros non. E con eso quero decir que todos estan na misma situacion pero hay quen cala, se oubese consenso entre os traballadores non iban a botar a todos e as condicions cambiarian

2 fillo do trenco

el problema de cortizo es que paga mucho a jente como VALEIRON o MOURIÑO y poco al resto por abajo pensando que solo son ovejas . Al final las ovejas se le hinchan las pelotas de trabajar para este jefe pelotudo abuson que le da el dinero a 4 para que le saquen la sangre al resto

3 Lacador

Eu cobro 1200 euros mais oras cada mes. E non vexo nada do que decides. E falo de dentro. A empresa exige pero paga. Facedeme caso.

7 Pink

Madre miaaaa.vexo cada comentario que...eu nin cobrando tres mil euros máis ó ano de cortizo faría.desprezar o comentario de compañeiros xa é o último,que un esté contento non debería impedir ver o que o rodea.por outra parte...na da picusa...traballase nalgunha sección a 5 turnos,algunha semana de luns a domingo e cando chegan as vacacións...non tes ou so podes coller 4 dias porque lle debes días á empresaaa.abraiante....sobre todo cando che fan traballar durante o mes horas a maiores para cubrir os dias de trballo mensuais que corresponden(cobras unha nómina mensual e por tanto tes que traballar 40h semanais...a semana k non as fas porque libras 3 ou 4 dias...pois xa sabes que ó longo do mes...tes k facer horas para igualar as 40 desa semana)o tempo para o bocadillo é inexistente porque a máquina non pode botar 1peza sen que a estés vixiando...e para cando entón o descanso deses traballadores,a conciliación,e o respeto a quen fai rica esta empresa??

6 Bos dias

Esta claro que o que di que esta contento traballando en aluminios cortizo e porque lle da igual traballar horas gratis , que lle traten como un can cando nin te chaman polo teu nome asubianche como se forades cans. Non se trata de ser radikales se non de ter digninade e defender o que che corresponde. Os extremos nunca foron bos e esta claro. Pero nadie ten porque traballar con medo e decir a todo que si e traballar sabados cando che avisan un viernes, decir a todo que di por medo a que te boten... en fin . Queda claro que o que cala e nunca di nada riense de ti e aguantanche ali mentras non habras a boca. Pero cando te negues a facer horas ou un sabado , digas que non podes xa estas na casa. A cousa non vai acbar ben tarde ou temprano