A empresa de aluminios anunciou esta semana que o seu volume de negocio foi de 554 millóns de euros, xerando 84 millóns de euros de beneficio. “Será que gañan eles máis, porque nós non vemos un can”, aseguran os traballadores, que denuncian que algúns foron despedidos por negarse a facer horas extras nas últimas semanas.