Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/03/2020 | Actualizada ás 13:40
Traballadores do sector do aluminio tamén están sendo despedidos, tanto en Exlabesa, como en Aluminios Cortizo. No caso de Exlabesa estase despedindo ao persoal subcontratado a través dunha ETT. Dita empresa de traballo temporal está facendo unha comunicación de fin de obra a toas as persoas vinculadas á subcontrata. Esta situación deixa á maioría dos despidos sen dereito á prestación por desemprego por levaren menos dun ano traballado.
Esta actuación mediante despido deixa ao persoal afectado sen posibilidade de entrar nas diferentes axudas vinculadas ao Decreto do goberno para os ERTEs. "Isto implica unha perda de capacidade económica para todos os traballadores" di Benedicto Blanco, secretario comarcal de CIG Industria.
Blanco considera que son despidos por fin de obra encubertos, pois segundo di, non hai unha obra concreta para finalizar, senón que os despedidos estaban traballando para varios clientes. "Cremos que esta actuación busca evitar pagar os 33 días por ano traballado e pagar 12 días".
APROBACIÓN DE AMPLIACIÓN DAS INSTALACIÓNS DE EXLABESA
O Consello da Xunta acordou este venres a aprobación definitiva do proxecto de incidencia supramunicipal para a ampliación e mellora das instalacións que Exlabesa ten no polígono industrial situado entre os concellos de Padrón e Rois. Con este proxecto, a empresa prevía aumentar e modernizar a súa superficie e xerar 200 postos de traballo.
Exlabesa ten previsto neste proxecto --anterior á crise sanitaria do coronavirus-- investir un total de 32 millóns de euros a curto e medio prazo, para a ampliación e modernización das súas instalacións, co obxectivo de alcanzar os 447.052 metros cadrados e incrementar a súa produción.
As novas instalacións contan cun prazo de execución de tres anos, unha vez que a empresa, que iniciou a súa actividade na comarca no ano 1994, obteña a licenza de obra municipal. A súa actividade principal é a extrusión, lacado e anodizado de aluminio para a obtención de perfís de aluminio de diferentes formas e acabados.
ALUMINIOS CORTIZO
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.