O grupo Cortizo, acusado de "explotación", logra unha nova marca de facturación

Supera nun 14,8% os resultados do exercicio anterior. A empresa foi acusada por traballadores de situacións "escravistas".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/06/2019 | Actualizada ás 15:14

Comparte esta noticia

O grupo Cortizo marcou un máximo de vendas o pasado ano, tras alcanzar os 636 millóns de euros de facturación por primeira vez na súa historia. A multinacional galega, dedicada á fabricación de perfís de aluminio e PVC para a arquitectura e a industria, rexistrou un volume de negocio que supera nun 14,8% os resultados do exercicio anterior, cando lograra uns 554 millóns.

Cortizo, fabricante de aluminio e PVC para arquitectura e industria
Cortizo, fabricante de aluminio e PVC para arquitectura e industria | Fonte: EP.

A porcentaxe de vendas no exterior situouse no 70%, chegando a 60 países diferentes, con Alemaña, Francia e Reino Unido como principais mercados.

Segundo trasladou a empresa, estes datos viñeron acompañados dun crecemento da produción, con 81.178 toneladas de perfilería de aluminio (+7%) e 1.340.000 barras de PVC (+39,9%).

O incremento das vendas e da produción repercutiu na creación de 286 novos postos de traballo, unha tendencia que continuou nos primeiros meses deste ano, nos que se xeraron 119 empregos. O persoal ascende na actualidade ata as 3.205 persoas, 1.663 delas en Galicia.

O pasado ano, o grupo Cortizo exerceu un investimento de 51,1 millóns de euros no incremento da capacidade produtiva das súas fábricas e a mellora da súa rede loxística.

No caso de Padrón, a empresa destinou 19,4 millóns á posta en marcha dunha nova prensa de extrusión de 4.500 toneladas de potencia, a modernización das súas liñas de produción e a ampliación do seu centro produtivo de PVC.

ACUSACIÓNS DOS TRABALLADORES

Este aumento dos beneficios nos últimos anos estivo acompañado de polémica, xa que algúns traballadores denunciaron a existencia do que consideran "situacións escravistas" nesta empresa.

Traballar sábados e domingos, ameazas de despidos ou librar unha fin de semana ao mes son as condicións ás que se teñen que enfrontar os traballadores de Aluminios Cortizo, segundo os empresgados.

Xa o pasado ano, o anuncio de novos benficios millonarios provocou unha nova reacción de parte dos empregados. “Será que gañan eles máis, porque nós non vemos un can”, apuntaban representantes laborais que preferían manter o anonimato por temor a represalias.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta