Campo Lameiro só recibe 8,34 euros por ano para o mantemento de cada petróglifo

Denuncian que varios petroglifos están afectados por invasión da maleza ou danos causados por traballos forestais.

Por Galicia Confidencial | Campo Lameiro | 04/03/2018 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Algúns dos petróglifos de Campo Lameiro, a considerada como a catedral da arte rupestre de Galicia, atópanse abandonados. Así o denunca o colectivo A Furneiriña que critica o escaso orzamento que está a recibir tanto o Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Galicia (PAAR), como o resto das estacións do concello.

Dano no petróglifo A Forneiriña, no Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campolameiro
Dano no petróglifo A Forneiriña, no Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campolameiro | Fonte: A Forneiriña

De feito, o orzamento investido pola Consellería de Cultura en vixilancia, coidado e restauración de petróglifos desde o 2013 ao 2016, excluíndo a xestión do PAAR,  foi de 88.903.97€, é dicir, 33.38€ en 4 anos por cada ficha de petróglifos inventariados en Galicia o que supón 8.34€/ano por ficha.

Por outra banda, o investimento no PAAR por parte da mesma Consellería foi de 177.448.63€ en gran medida para reparar os danos ocasionados pola empresa privada Espiral Xestión Cultural SL quen só tivo que correr cos gastos de 1.354.38 € pola restauración do petróglifo BIC que arrasaron coa desbrozadora.

Da publicación das subvencións  BOP  23/10/2017 concedidas pola Deputación para  o coidado do patrimonio cultural  deducese que  dun orzamento de 558.020€ para actuacións no patrimonio cultural só se tramitaron 2 proxectos de 2 concellos por un  importe de 26.558,76€ para patrimonio arqueolóxico

Por iso, o colectivo A Forneirña quere deixar en evidencia “a ameaza para a supervivencia do patrimonio arqueoloxico mais emblematico de Galicia, os petróglifos,  do que se desentenden a Conselleria de Cultura, A Deputacion Provincial e os concellos”.

Danos causados no petróglifo Chan do Carbón 3, ao carón do Parque da arte rupestre de Campo Lameiro
Danos causados no petróglifo Chan do Carbón 3, ao carón do Parque da arte rupestre de Campo Lameiro | Fonte: Irmandade Illa de Tambo

DANOS EN BENS

Así, denuncian que varios petroglifos de Campo Lameiro están afectados por invasión da maleza ou danos causados por traballos forestais. Entre eles están Pedra da Boullosa, Rotea de Mendo, Petróglifos da área recreativa de San Antonio de Penalba, Chan do Carbón 3, A Chan do Carbón 5, Os Campiños e Chan da Lagoa.

Ademais atópase en malas condicións o petróglifo de  A Forneiriña 3: ubicado dentro do Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre (PAAR). Esta estación resultou agredida no ano 2014 polo desbravado mecánico ordenado pola empresa adxudicataria Espiral Xestión Cultural S.L. e baixo a supervisión do actual director do centro José Manuel Rey.

Na mesma situación están varias das pedras das inmediacións de estacións rupestres do percorrido estipulado para a visita ao PAAR. A Consellería de Cultura tentou reparar o dano con traballos de limpeza desta laxe pero a día de hoxe estes danos seguen sendo evidentes.

ALEGACIÓNS

Neste sentido, o Colectivo na Defensa do Patrimonio “A Forneiriña” que presentou unha alegación ao Orzamento Municipal do concello de Campo Lameiro para o exercicio 2018 ante a situación na que se atopan varias das súas estacións arqueolóxicas. Este colectivo alegou non estar conforme co acordo de aprobación inicial do Orzamento Municipal pola omisión do crédito preciso para o coidado e preservación do patrimonio arqueolóxico do concello

O propio alcalde no pleno de aprobación dos orzamentos apostou por limitar as partidas á substitución de ramplas. Por iso, a entidade patrimonial formulou unha reclamación administrativa para que o orzamento para o exercicio 2018 sexa corrixido e inclúa traballos de desbravado, coidado e sinalización de todos os petróglifos do Concello.

“Tendo en conta que este concello foi catalogado como Capital da Arte Rupestre no ano 1974 (Decreto 3741/1974 no que se recollen os gravados da provincia de Pontevedra que foron declarados monumentos histórico-artísticos de carácter nacional)  non entendemos como pode ter abandonado o seu patrimonio arqueolóxico”, apunta a entidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta