Hai crise xeracional no BNG?

La Voz apunta a unha crise dentro do Bloque e volve sair na defensa de Ana Pontón e o “novo BNG”. Faino logo das críticas de pesos pesados da UPG tras o cartaz nacionalista do 8M e o emprego da palabra “cona”. Na polémica, un artigo de Pilar García Negro no xornal Sermos Galiza.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 04/03/2018 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Pontón, el recambio que no pide permiso”. Este é o titular que aparecía  en La Voz de Galicia este domingo e no que daba conta dunha polémica dentro da formación nacionalista sobre o emprego da palabra “cona” no cartaz que o Bloque lanzou para reivindicar o 8 de marzo. “La polémica campaña del 8M hace aflorar el choque generacional que vive el BNG sobre cómo encarar el futuro”, indicaba este medio.

Ana Pontón e Pilar García Negro nunha rolda de Prensa
Ana Pontón e Pilar García Negro nunha rolda de Prensa | Fonte: EP

Un “choque generacional” que La Voz utilizaba para contrarrestar outro artigo publicado no xornal Sermos Galiza pola ex deputada do BNG no Parlamento galego, Pilar García Negro, no que criticaba a campaña de comunicación desta formación nos actos do 8 de marzo. “La exdiputada nacionalista e integrante de la Fundación Bautista Álvarez reservó cinco párrafos de un artículo publicado en Sermos Galiza”, apuntaba La Voz.

CONA, "ORDINARIEZ"

Referiase a un escrito que baixo o título de “8 de marzo”, García Negro publicou o pasado 2 de marzo neste medio vinculado ao nacionalismo galego.  “A utilización da palabra central e de maior tamaño, 'cona' por sobre ser unha ordinariez nunha mensaxe pública dunha organización política (non un clube, non a transcrición da linguaxe tabernaria, non o libre uso individual de quen lle pete falar deste xeito), imita directamente a machista linguaxe masculina, en frecuencia de uso en español, por certo: 'estar hasta los huevos'”, escribiu a ex deputada nacionalista sobre o cartaz do BNG.

“Se agora nós, mulleres galegas, temos de emular, feminizando os xenitais, esta linguaxe, eu confésovos que xa non entendo nada. O meu mundo é outro, o meu planeta, distinto. O meu feminismo, tamén. Ora ben, se o que se quer é  -tal é como se di-  “provocar”, pergunto: provocar o que, provocar a quen? Acaso “épater le bourgeois”?... Unha organización política como o BNG non é o que ten definido na súa doutrina, nos seus textos, na súa propaganda, na súa historia, nas súas iniciativas parlamentares, na súa mobilización social, tal e como ficou definitivamente formalizado na VII Asemblea Nacional, celebrada en Ferrol en 1995. Xa choveu... Calquera cousa menos bioloxismo ou xenitalismo. Supoño que concordaremos en que pensamos e sentimos coa cabeza, non cos xenitais... Supoño que concordaremos en que feminismo non é xinecoloxía...”, concluía Pilar García Negro o seu artigo.

NOVOS DIRIXENTES DO BNG SEGUNDO LA VOZ

Campaña do BNG polo 8M
Campaña do BNG polo 8M

Unhas críticas que foron contrarrestadas en La Voz de Galicia, que fala de dous sectores enfrontados dentro do BNG, un sector que encabeza Ana Pontón e vinculado aos novos dirixentes saídos da UPG, e outro sector no que sitúan a Pilar García Negro, ex líderes do Bloque e aínda hoxe en día, pesos pesados da UPG, o grupo maioritario da formación nacionalista.

E, o xornal coruñés decántase por Ana Pontón e a nova fornada de dirixentes, entre os que sitúa a Carlos Callon, Olalla Rodil, Noa Presas, Xavier Campo e Rubén Cela. “Forman parte de esa hornada de dirigentes nacionalistas nacidos con posterioridad a la muerte de Franco, gente que piensa en digital, que maneja con fluidez las redes sociales y que, aunque respeta a los veteranos, no está dispuesta a pedir permiso en cada momento para ser protagonista de su tiempo político”.

"LO MEJOR DEL NACIONALISMO SE QUEDÓ EN EL BNG"

Non é a primeira vez que o xornal coruñés sae na defensa de Ana Pontón. O articulista Carlos Caneiro xo ten feito en varias ocasións, mesmo comparando a Pontón con Rosalía, e destacando a nova liña do BNG, fronte a “frivolidad” da marea. O propio Caneiro publicaba, hai uns días, outro artigo no que insistía neste apoio.

Nun escrito titulado  “Noriega y la onda Represiva”, sobre a polémica en torno ao pregón de Entroido do humorista Carlos Santigo, Caneiro destaca que “lo mejor del nacionalismo se quedó en el BNG. El resto se desperdigó cual bandada de estorninos por un cielo atlántico y cetrino”. “O sea, que uno no sabe dónde pueden acabar. Tan pronto ríen las gracias a Pablo Iglesias, como se acunan en los brazos de los independentistas o bajo los pies del imperialismo capitalista (aunque en realidad los nuevos «parias de la tierra» no han renunciado nunca a sus privilegios)”.
 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 37 comentarios

20 Liracho

Non entendedes que podese ter duas visions distintas , eso chamanlle democracia , alguns non o saben.

1 fer da costaña

si ho si, alguns saben demais e ate confian no acertado criterio e nos intereses da Voz de Malicia como padriño de aventuras do BNG que, como moi ben todos coñecemos, defende desde sempre a democracia, os dereitos dos pobos, aposta polo nacionalismo galego, e polo idioma da Galiza... Ana Ponton apoiada polo señoritismo coruñesista de Santiago Rey Fdez. Latorre, do felon Barreiro, do supremacista Blanco Valdes, do trepa Caneiro... Por certo, ti que tanto sabes, que medio propiciou a caida do bipartito e a volta do PP? si ho si, ides ir lonxe co apoio da Voz! tamen se pode ter fame, e venderse na feira, outra cousa seria xustificalo sen poñerse colorados...

19 Celia

Non BNG temos como tarefa á defensa dos dereitos nacionais de Galiza cunha visión de esquerda. Calqueira que comparta un destes obxectivos, ou os dous, ten cabida neste proxecto. O resto son faladurías.

1 cazarraposas

No BNG actual tedes como meta encher o bandullo a conta dos inocentes que acreditan que sodes alternativa. Calquera que comparta estas miserias, aínda que nin se moleste en escribir cun mínimo de decencia en galego, ten cabida no cortello. E os feitos non se calan intentando censurar a Pilar García Negro nin censurar os críticos.

2 La pastillita loqui

Y no te dejan aparcar en la acera Lores loquito

18 estado galego

Que risa!! Está claro que os da Marea e do PP tedes o mesmo inimigo o BNG. Moito vos molesta o evidente relanzamento do BNG, que da man intelixente de Ana Pontón está liderando a oposición no Parlamento Galego. O BNG ten programa e proxecto e xente preparada para facelo efectivo, non como a Marea que non ten rumbo. Por certo como sube Ciudadanos, boa parte dos seus votantes veñen da Marea e de Podemos, presumian de ser a auténtica esquerda e acaban na extrema dereita de Ciudadanos.

1 Fernando G

Vivir para ver. Todos los análisis sociológicos coinciden en la gran fuga de votos del PP, y menos del PSOE, hacia Ciudadanos y ahora uno aquí nos sale con que vienen de Podemos, que básicamente es un partido comunista.

2 Natasha Rostova delasRestrevas

Estades relanzados cara o espazo sideral da desideoloxización e o ninismo... Antes tocou relanzar ás Mareas e agora a vós. A ver, por parvos tampouco nos tomedes. Só se trata de dividir, moi intelixentemente por certo o voto de esquerdas... A ver, tratarvos a algúns de vós e aos mareantes de "esquerda" é un acto xeneroso pola miña parte.

3 Dalle que libras

Serà o relanzamento do BNG da man de La Voz de Galicia

17 Paco da Rosa

No Bloque de antes había idea de nación, pouso, capacidades, formación e independencia dos poderes fácticos. Hoxe o BNG é unha axencia de colocación para vividores (como o PPsoE, Ciumarranos neonazis, o PcE de CC.OO. e Podemos), unha camarilla de postureo light, de submisos dependentes (de La Voz, por exemplo) e trepadores. A diferenza entre García Negro e a Pontón é abismal, por iso que este BNG acade certo poder político, ou que desapareza fagocitado polas equidistantes Mareas de Podemos, polo falsario PsoE ou polo corrupto e mafioso Partido Podre vai ser indiferente para os intereses da maioría dos galegos e das galegas.

16 nostrus

A rexion galega sae gañando coas navalladas internas do bloque, de eso non hai dúbida, pero recoñezo que en democracia caben hasta eles. O bloque é un partido que só sabe propagar odio e rencor hacia os demais compatriotas non galegos cos que non quere convivir. O seu ideario basease na practica obrigatoria dunha cultura, inda que os direitos humanos din que a práctica dunha cultura será de xeito voluntario. O bloque non é unha ideoloxia politica, é unha secta evanxelizadora, pero que só encadila a quen se deixa enganar.

1 Prisciliano G

Ben falado, aínda que o Bloque non sexa máis que unha pantalla da secta destructiva ben forrada chamada UPG