Fomentando o emprendurismo e o autoemprego entre os máis novos

A Cámara de Comercio de Santiago inicia unha campaña educativa para que os alumnos se acheguen ao mundo empresarial e consideren o autoemprego como unha “opción laboral viable”.

Por GC Emprende | Compostela | 09/03/2018 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela iniciou unha nova campaña para fomentar o espírito emprendedor entre os estudantes de secundaria, bacharelato e formación profesional dos centros educativos da súa área cameral. Estas xornadas, que comprenden visitas guiadas ao viveiro de empresas de Costa Vella en Santiago, e charlas divulgativas nos centros escolares, permitirán ao alumnado coñecer de primeira man o funcionamento da incubadora empresarial e os servizos de creación de empresas que se prestan aos emprendedores e empresarios da demarcacion cameral. 

Estudantes de bacharelato
Estudantes de bacharelato

A técnico de creación de empresas da Cámara, Rosa Cardeso, explica que o obxecto fundamental desta iniciativa “é que os estudantes se acheguen ao mundo empresarial e consideren o autoemprego como unha opción laboral viable”. Ademais, sinala que estas actuacións p”ermiten avanzar no emprego, igualdade, crecemento, competitividade e innovación das empresas do futuro, contribuíndo a enriquecer a cultura emprendedora dos máis novos. Como cume das visitas ao viveiro de empresas, os alumnos asistirán a unha charla sobre a experiencia profesional dalgún emprendedor da incubadora”.

A campaña comezará con nove visitas e charlas divulgativas para estudantes de centros de Santiago, Ames e Melide, organizadas en colaboración cao Cámara de Comercio de España e con financiamento do Fondo Social Europeo. 

Nos próximos meses, a Cámara ten previsto organizar outras xornadas de fomento do espírito empendedor cooperativo no ámbito educactivo, nesta ocasión organizadas en colaboración coa Rede Eusumo, unha rede de colaboración impulsada pola Xunta de Galicia para o fomento e o desenvolvemento da economía social.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta