Temas: EUROPA UE

Un millón de sinaturas para a defensa das nacións e linguas minoritarias de Europa

A campaña Minority Safepack leva recollidas máis de 835.000 firmas para presentar unha Iniciativa Cidadá Europea que obrigue ás institucións da UE a salvagardar os dereitos das minorías nacionais, culturais e lingüísticas. O obxectivo é chegar ao millón para poder pedir á Comisión Europea que presente unha proposta de lexislación.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 11/03/2018 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Un millón. Esa é a cantidade de sinaturas que necesita a iniciativa popular Minority Safepack para ser aceptada pola Unión Europea para o seu debate. Até este domingo, 11 de marzo, levaba xa máis 835.000 firmas. O obxectivo: salvagardar os dereitos das minorías nacionais e lingüísticas de Europa.

Manifestación de Queremos Galego a prol da lingua
Manifestación de Queremos Galego a prol da lingua | Fonte: queremosgalego.com

Calcúlase que na Unión Europea hai uns 50 millóns de persoas que pertencen a unha minoría nacional ou a unha comunidade lingüística minoritaria. A iniciativa Minority Safepack é un conxunto de proposicións lexislativas para a protección das minorías nacionais, así como unha serie de actos regulamentarios para a promoción dos dereitos das minorías, os dereitos lingüísticos e a protección das súas culturas. Isto é, a iniciativa comprende como obxectivos principais a defensa das minorías e un corpus lexislativo que as protexa.

"Os dereitos das minorías nacionais e lingüísticas non sempre son respectados" e "en moitos casos as súas linguas e culturas están en perigo", advírtese desde esta iniciativa, que defende a "oportunidade de vivir segundo as propias tradicións"

"Queremos que a Unión Europea asuma a súa responsabilidade e se converta nun auténtico promotor da diversidade lingüística e cultural en toda Europa. Tamén queremos que os Estados membros da UE respecten plenamente os denominados Criterios de Copenhague que protexen os dereitos das minoría", explican os promotores da iniciativa.

PROPOSTAS

A iniciativa Minority SafePack inclúe once propostas orixinais, nove das cales foron rexistradas pola Comisión Europea: unha recomendación da Unión Europea para a defensa e promoción da diversidade cultural e lingüística, o desenvolvemento de programas de financiamento para as comunidades lingüísticas minoritarias, a creación dun Centro para a Diversidade Lingüística, a admisión da protección das minorías nacionais e da promoción da diversidade cultural e lingüística nos proxectos dos fondos para o desenvolvemento rexional da Unión Europea, investigación sobre o valor engadido que achegan as minorías ás sociedades e a Europa, avances na igualdade de dereitos para as minorías sen Estado (por exemplo, o pobo xitano ou romaní), unha única lei europea de dereitos de autor que permita gozar de servizos e a difusión de programas na lingua materna, liberdade de creación e recepción de contidos audiovisuais nas rexións das minorías e acabar coa exclusión e falta de apoios á conservación cultural, medios de comunicación e patrimonio no marco de programas estatais ou rexionais.

Logotipo en galego da iniciativa Minority Safepack para a defensa das nacións e linguas minoritarias de Europa.
Logotipo en galego da iniciativa Minority Safepack para a defensa das nacións e linguas minoritarias de Europa.

"As minorías contribúen de xeito decisivo á diversidade lingüística e cultural de Europa. Canda o conxunto de europeos, desexan contribuír ao futuro da Unión Europea, un futuro no que non só se teñan en conta as linguas oficiais e as culturas dominantes, senón tamén as minoritarias. Por tanto, precisan de apoio e protección para preservar a súa identidade. Nisto consiste o chamamento da Iniciativa Minority SafePack", detallan os seus impulsores, buscan "salvagardar a diversidade en Europa" e "promover os valores que representan as minorías".

A Unión Federal das Nacionalidades Europeas (FUEN), organización que representa as minorías autóctonas europeas, é a principal organizadora e punto de contacto deste proxecto. Esta tarefa lévase a cabo en representación do Comité Cidadán da Iniciativa Minority SafePack.

HUNGRÍA E ROMANÍA, OS PAÍSES MÁIS COMPROMETIDOS COA CAUSA

A campaña, que durará 23 días máis e que, polo tanto, se espera que supere amplamente o millón de sinaturas que se necesitan para presentar unha Iniciativa Cidadá Europea, mecanismo que permite aos cidadáns da Unión Europea presentar iniciativas convidando as institucións e á Comisión a lexislar sobre determinados temas e influír así nas súas políticas.

A campaña recibiu firmas dos 28 Estados membro da UE, pero destacan Hungría, con máis de 375.000 sinaturas até hoxe, e Romanía, con máis de 274.000.

A iniciativa non tivo tanto eco en España, malia ser un dos Estados con maior diversidade lingüística e nacional de Europa e que vive a efervescencia do proceso independentista catalán. España ocupa, até este domingo, o cuarto lugar por número de sinaturas, pero apenas superan as 35.000. Por diante, en terceiro lugar, sitúase un país como Eslovaquia, con máis de 57.000 apoios a esta iniciativa, a día de hoxe.

Temas: EUROPA UE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 18 comentarios

3 Imposición

A imposición do español que existe na Galiza é incribel, hai que parala!

2 urco

A única imposiçom lingüística na Galiza é a do espanhol. Que deixem os supremacistas espanhóis o cinismo dumha vez!

1 Nexus 6

Ya, ya, pero ¿qué pasa con la inmersión obligatoria en la lengua regional que algunos pretenden? Cuando ese tipo de políticas se trasladan del ámbito lingüístico a otra manifestación cultural, se percibe con claridad lo perverso y aberrante de dichos planteamientos. Si eres gallego, tienes que comer lacón con grelos, tocar la gaita y bailar muiñeira. De lo contrario eres un acomplexado cheo de autoodio que non loita polo pobo asoballado e a verdadeira identidade de Galiza, que foi pisoteada polos madrileños de Franco e bla, bla, bla...

2 teutonio

Pois os nenos terían un nivel mesmo óptimo de galego, coñecerían perfectamente o castelán tamén, serialles máis fácil comprender o portugués ou aprender unha cuarta lingua, especialmente latina. Todos os estudos confirman que aqueles rapaces que tiveron unha inmersión na lingua propia da CA non teñen un nivel inferior de castelán aos alumnos castellanos ou extremeños. Pola contra, por norma xeral son nas comunidades autónomas con lingua onde se obteñen os mellores resultados en inglés.

3 urco

Que a única imposiçom é a do espanhol, a ver se che entra na cachola! 90% das aulas de pré-escolar e primária nas sete meirandes cidades, na língua do pequeno império! E si. Espero que nem sequer sejas oriundo da Galiza e só sejas um espanholito com complexo de Pizarro, porque se chegas ter raízes galegas darias muita mais pena co teu acomplexado auto-nojo.

4 Españolistas dades noxo

Nexus non ten ningún contraargumento, por iso o do blablabla. Acomplexado autoodiante claro.

5 ay6n

O problema desta xente non é a imposición do galego, porque non existe, o problema é o galego en si.

1 Nexus 6

Mientras esas políticas de promoción y defensa permitan la libre adhesión y participación de los ciudadanos en cualesquiera de las manifestaciones culturales de esas "naciones", lenguas incluidas por supuesto, no habrá problemas. Por el contrario, si dichas polítcas han de basarse en la obligación y/o el uso activo de dichas manifestaciones culturales, lenguas también incluidas, pisoteando los derechos y libertades de los ciudadanos, el rechazo será generalizado. ¿Se imaginan que por salvaguardar el folclore gallego, se obligase a los niños a tocar la gaita en el colegio como único instrumento posible? ¿Qué pasaría si a los gallegos nos obligasen a bailar la muiñeira o a comer filloas y lacón con grelos porque la "danza propia" de Galicia o su gastronomía (propia también, claro) se viesen en desuso?

1 Querosergalegoepunto

Xa falou o típico metemedos. A ver se nos van meter máis ghallegho e non imos saber ser castellanitos. Buff. Máis negado non podes ser.

2 Liberta en Tabarrarnia

E onde queda a miña libre adhesion cando non se me garante atencion en galego?Parece que alguns tedes mais posibilidades ca outros para libremente aderirvos... Comparae unha lingua inda falada por moitas persoas coa muiñeira xa revela a tua capacidade hargumentatiba.

3 Españolistas dades noxo

Fin da imposición do castelán xa, por tanto.