Convocada unha gran manifestación en Vigo en contra da intervención turca en Siria e en homenaxe a Samuel Prada

Lerase un manifesto no que se pide a fin da invasión turca de Afrin e o apoio ao pobo curdo. Entidades, colectivos e partidos políticos comezan a reaxir en Galicia logo da guerra iniciada polo país otomano contra os curdos.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 21/03/2018 | Actualizada ás 11:52

Comparte esta noticia

A entidade Mar de Lumes convoca unha gran manifestación en Vigo en contra da intervención turca en Afrin, canton kurdo de Siria, e en homenaxe ao galego Samuel Prada León, alias Baran Galicia, que morreu como consecuencia dun bombardeo turco a comezos de febreiro pasado.

A foto de Samuel Prada León, Baran Galicia, e do bretón Kendal Breizh, nunha manifestación en Zurich contra a gurra de Turquia en Afrin, Siria
A foto de Samuel Prada León, Baran Galicia, e do bretón Kendal Breizh, nunha manifestación en Zurich contra a gurra de Turquia en Afrin, Siria

Esta manifestación chega logo de que Turquía, co segundo maior exército da OTAN, teña entrado na cidade curda de Afrin, apoiado por miles de mercenarios islamistas fortemente armados. A comuidade curda denuncia que se está executando unha limpeza étnica contra este pobo, ademais de saqueos sistemáticos das súas propiedades.

De feito, neste conflito, no que tamén interveñen milicianos internacionais, morría o pasado 10 de febreiro o voluntario galego Samuel Prada León ("Baran Galicia") como consecuencia dun bombardeo turco. Viaxara a Siria para loitar contra o ISIS e agora estaba apoiando a resistencia curda contra a invasión turca e islamista.

“Na súa memoria e na de todas as víctimas da barbarie terrorista que segue a golpear o pobo curdo e a todos os demais pobos de Siria, chamamos a sair á rúa en Vigo contra o ataque das tropas de Erdoğan”, apuntan desde Mar de Lumes.

SEGUNDA PROTESTA

Esta será a segunda protesta que se convoca en Galica logo doutra convocada o pasado 5 de marzo na Coruña diante do antigo consulado na cidade. A falta de iniciativa en Galicia ata o de agora contrasta coa multitude de manifestacións e protestas en todo o mundo, algunhas, como a que tivo lugar na Bretaña hai uns días, en homenaxe a outro voluntario caido canda Samuel Prada, Kendal Breizh, con gran presenza de Galicia. A foto do voluntario galego tamén se deixou ver en numerosas protestas de cidades europeas.

A bandeira bretona, a de Córcega e a dos militantes antifascistas bretóns na guerra de Siria
A bandeira bretona, a de Córcega e a dos militantes antifascistas bretóns na guerra de Siria

Na Coruña concentráronse algúns centos de persoas durante algo  máis de media hora no que fora o consulado de Turquia nesa cidade baixo pancartas como “Solidariedade co pobo Kurdo. Turquía asasina”. Tamén se corearon consignas como: “Erdogán asasino”, “estado turco complice do ISIS”, “viva a loita do pobo curdo”, “fora turquía do curdistán” ou ” jin, jiyan, azadiye” (muller, vida, liberdade).

Tamén houbo un minuto de silencio por Samuel Prada León, galego morto recentemente nas filas das milicias curdas, así como polo resto de mártires da liberdade no noroeste de siria. "Ao acto acudiron máis de cincuenta solidarixs de diversas tendencias políticas, incluído un significativo número de persoas de orixe curda", apuntaron os activistas.

A concentarción terá lugar este mércores, ás 20 horas diante do edificio Marco de Vigo. Ao remate lerase o seguinte comunicado.

MANIFESTO

PAREMOS A INVASIÓN TURCA DE AFRÍN VIVA A RESISTENCIA DO POBO CURDO!

Desde o pasado 20 de xaneiro, o estado turco, con toda a potencia militar do que segundo maior exército da OTAN e da man de miles de mercenarios islamistas fortemente armados, está a bombardear masivamente e a tentar ocupar a rexión de Afrin (ao noroeste de Siria), para dar continuidade tamén fóra das súas fronteiras á política de limpeza étnica contra o pobo curdo que practica desde hai décadas.

Como consecuencia desta ofensiva imperialista xa houbo centos de víctimas mortais e miles de persoas feridas e desprazadas, a maioría civís. Afrin é unha das poucas zonas de Siria que viviu unha relativa tranquilidade desde o comezo da guerra, o que lle permitiu acoller a centos de miles de persoas refuxiadas doutras zonas de Siria que agora tamén están ameazadas por este ataque.

O ataque das tropas de Erdo?an e as bandas islamistas ao seu servizo pretende reforzar o debilitado papel turco na crise Siria, na que desde o comezo foi un dos principais patrocinadores do terrorismo, apoiando o ISIS, Al Qaeda e outros grupos integristas como os que agora utiliza na súa nova guerra de ocupación. Ademais, a ofensiva tenta tamén acabar con un proxecto sociopolítico emancipador que supuxo o recoñecemento da igualdade de dereitos dos diferentes pobos e comunidades relixiosas que conviven no norte de Siria (curdos, árabes, turcomanos, asírios, musulmáns, cristiáns, iazidis, etc.)

En particular, preténdese acabar co proceso de emancipación das mulleres que avanzou imparábel a todos os niveis nos últimos anos. Boa mostra disto son os miles de mulleres que, a pesar das bombas e as ameazas, saíron á rúa na cidade de Afrin neste 8 de marzo, ou a gran cantidade de milicianas que en primeira liña de combate están a facer frente á invasión.

O omnipresente berro de "Jin - Jiyan - Azadi" (“muller - vida - liberdade”) é o melhor antídoto contra o proxecto de morte, patriarcado e escravitude que o ataque imperialista prentede imporlles. Ante isto, as potencias internacionais e os diversos actores rexionais colaboran ou consinten sen rubor na ocupación dun país soberano por parte dun destacado membro da OTAN e aliado estratéxico da UE, institución que unha vez máis se situa do lado dos inimigos dos pobos.

O pasado 10 de febreiro, soubemos que o voluntario galego Samuel Prada León (alias "Baran Galicia") morría como consecuencia dun bombardeo turco. Viaxara a Siria para loitar contra o Estado Islámico e agora estaba apoiando a resistencia curda contra a invasión turca e islamista. Na súa memoria e na de todas as víctimas da barbarie terrorista que segue a golpear o pobo curdo e a todos os demais pobos de Siria, xuntámonos hoxe aquí para denunciar este ataque e os seus cómplices, entre eles o Estado Español, e reafirmamos a nosa solidariedade internacionalista coa resistencia que lle fai fronte e que sabemos que, tarde ou cedo, acabará por vencer.

Xihadista en Siria
Xihadista en Siria | Fonte: periodistadigital.com
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta