O corpo de Samuel Prada, Baran Galicia, podería estar xa soterrado nun cemiterio de Afrín, mentres que a Xunta non ten datos sobre posibles repatriacións. Un grupo esquerdista adoptou o nome do bretón que morreu canda el, Kendal Breizh, e queimou en Alemaña vehículos de entidades turcas vinculadas ao goberno de Erdogan.