Por Galicia Confidencial | Bretaña | 13/03/2018 | Actualizada ás 10:00
Varios centenares de persoas, segundo os organizadores, participaron o pasado sábado na localidade bretona de Carhaix nunha homenaxe ao combatente bretón asasinado en febreiro en Afrin (Siria) nun bombardeo do exército turco para conquistar este cantón curdo.
"Queremos facer unha homenaxe de Kendal Breizh que caeu a Afrin (...) baixo as bombas da ditadura turca", escribiu na súa conta twitter, con varias fotos, o deputado bretón Paul Molac (LREM), que tomou a palabra nu acto no que houbo numerosos curdos, algúns deles chegados de varios países europeos.
Kendal Breizh era o nome de guerra do combatente bretón Olivier Le Clainche, que deixou Bretaña ao principio do pasado verán para combater xunto coas Unidades de Protección do Pobo (YPG), rama militar do Partido da Unión Democrática (PYD), do Curdistán sirio. Foi asasinado o pasado 10 de febreiro, durante unha ofensiva turca contra esta rexión, xunto co galego Samuel Prada León, alias Baran Galicia.De feito tamén o galego estivo moi presente nesta homenaxe, na que ademais de bandeiras curdas e bretonas, había tamén bandeiras galegas.
"Commemorative event for "Kendal Breitz" who died fighting against the turkish and jihadist invasion on #Afrin. The mayor of Breitz, french and breton politicians, activists, the family and friends joined and some hold speeches in remembering + honoring his life and fight" #Syria pic.twitter.com/56QvTTreiK
— IC Afrinresistance (@ICafrinresist) 10 de marzo de 2018
Molac é deputado na Asemblea francesa por Morbihan, o departamento onde vivía Kendal Breizh, a quen coñecía persoalmente, xa que o entrevistara en varias ocasións cando traballaba nunha radio asociativa local.
Na homenaxe, organizada pola Amizades Kurdas de Bretaña interviron, ademais, amigos e camaradas de Kendal Breizh, un representante do Partido Comunista así como integrantes de varias formacións e asociacións bretonas e militantes kurdos. O acto rematou coa lectura dun texto escrito polo propio Olivier.
SEN ACTOS NIN PROTESTAS EN GALICIA
As continuas mostras de apoio ao bretón asasinado polos tucos en Afrin contrasta co silencio das formacións e asociacións nacionalistas, independentistas e de esquerdas galegas. En Galicia aínda non tivo lugar ningunha gran protesta contra a acción ilegal de Turquia en Siria, nin de homenaxe ao galego asasinado, como xa aconteceu noutras cidades do estado e do resto do mundo.
A única de certa entidade tivo lugar o pasado 5 de marzo na Coruña onde se concentraron algúns centos de persoas durante algode máis de media hora no que fora o consulado de Turquia nesa cidade baixo pancartas como “Solidariedade co pobo Kurdo. Turquía asasina”. Tamén se corearon consignas como: “Erdogán asasino”, “estado turco complice do ISIS”, “viva a loita do pobo curdo”, “fora turquía do curdistán” ou ” jin, jiyan, azadiye” (muller, vida, liberdade).
Tal e como se recolle no blog Irmandade da Costa, tamén houbo un minuto de silencio por Samuel Prada León, galego morto recentemente nas filas das milicias curdas, así como polo resto de mártires da liberdade no noroeste de siria. "Ao acto acudiron máis de cincuenta solidarixs de diversas tendencias políticas, incluído un significativo número de persoas de orixe curda".
"SITUACIÓN TERRIBLE"
De feito, a situación no cantón de Afrin segue sendo “terrible”, segundo organizacións curdas, logo do envío de novos efectivos por parte do exército turco que inclúe numerosas forzas de operacións especiais, ademais de tanques e helicópteros. Activistas e milicianos de España que están axudando en Afrin denuncian a situación na que se atopan os curdos, como é o caso de Sara, que estivo hai uns días en Afrin e comprobou, in situ, a situación na que se atopan os curdos:
Internationalist Sara from Spain: "The silence of the internationalist community and the mass-media of the world supporting the actions of the turkish state" Break the silence! #Syria #Afrin #Rojava #DefendAfrin pic.twitter.com/B0Mx3YnHV5
— IC Afrinresistance (@ICafrinresist) 10 de marzo de 2018
Tampouco a comunidade internacional, nin a UE, ten condenado o ataque de Siria contra os curdos aos que, ao comezo da guerra civil en Siria consideraban como os únicos interlocutores válidos para loitar contra os terroristas do Daesh.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.