Incertidume sobre os restos mortais do galego asasinado polo exército turco en Siria

O corpo de Samuel Prada, Baran Galicia, podería estar xa soterrado nun cemiterio de Afrín, mentres que a Xunta non ten datos sobre posibles repatriacións. Un grupo esquerdista adoptou o nome do bretón que morreu canda el, Kendal Breizh, e queimou en Alemaña vehículos de entidades turcas vinculadas ao goberno de Erdogan.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 27/02/2018 | Actualizada ás 14:06

Comparte esta noticia

O paradoiro dos restos mortais de Samuel Prada, Baran Galicia, seguen sendo unha incógnita. Segundo algunhas fontes, o seu corpo podería ter sido xa soterrado nun cemiterio de Afrín. Con todo, polo momento, as autoridades kurdas nin confirman, nin desminten as informacións e abriron xa unha investigación.

Posible tumba de Baran Galicia en Afrín
Posible tumba de Baran Galicia en Afrín | Fonte: Youtube

Un miliciano de orixe hispano-alemán coñecido co sobrenome de Sidar, que combatiu con Baran Galicia en varios frontes sirios e se atopaba con el antes de que fora asasinado por un bombardeo turco, suliñou que existen dúbidas razoables sobre onde se atopa o seu corpo. Tal e como apuntou o xornal Público, algúns camaradas da unidade yazidí da que os españois forman parte (YBS) están a colaborar coa familia do galego no esclarecemento da identidade da persoa que foi enterrada en Afrin esta semana e que algúns din que se podería tratar do corpo de Sameul Prada.

Ademais, o Ministerio de Asuntos Exteriores español sinalou que non expedirá un certificado de defunción ata que as autoridades kurdas non remitan os documentos apropiados. Unha situación que  se producirá cando rematen as investigacións que abriron ao respecto. Tampouco a Xunta sabe nada sobre esta cuestión. Consultado a este respecto  pasado xoves por GC, un destacado cargo institucional apuntaba que non tiñan ningún tipo de información.

DETALLES DA MORTE DO GALEGO

O que si xa se van coñecendo son os pormenores da morte do galego. Segundo apuntou Sidar, que foi alcanzado nas pernas pola metralla dos proxectís guindados desde os avións turcos, Baran Galicia atopábase no mesmo acuartelamento dunha poboación próxima a Afrin, Cinderese (Yandaris tal e como xa informou GC) entre as doce da noite e a unha da mañá do día do suceso, o pasado 10 de febreiro. 

Sidar e Baran Galicia cavando unha trincheira na fronte de Siria
Sidar e Baran Galicia cavando unha trincheira na fronte de Siria | Fonte: Publico

O comandante do seu batallón precisaba dalgúns homes para situalos nun posto defensivo e elixiu aos que se achaban aínda espertos. E estes eran Baran Galicia e o seu amigo bretón Kendal Breizh. Os dous resultaron mortos polo bombardeo turco, que destrozou o lugar onde se atopaban. De feito, o corpo do bretón aínda está baixo os cascallos.

Ademais do galego e do bretón, entre os milicianos internacionais desplazados á fronte de Afrin, atópanse canadianos, xaponeses, italianos, alemáns e españois. E, entre estes, Sidar -- que é canario-alemán-- e outro combatente procedente de Valencia chamado Simón. Sidar, Samuel Prada e Simón terían xa coincidido previamente na fronte de Raqqa.

Segundo informa Público, numerosos documentos gráficos e testemuños directos confirmaron “a falta de escrúpulos dos militares turcos e dos islamitas que están a combater ao seu servizo, así como as atrocidades cometidas contra a poboación civil e as sistemáticas violacións das convencións de guerra”. “Esa falta de escrúpulos humanitarios sitúa aos kurdos e os seus aliados nunha situación de maior desvantaxe”, indica o xornal.

De feito, Turquia non respectou o alto ao fogo dun mes decretado polas Nacións Unidas a pasada fin de semana. Tampouco EE.UU. na franxa de Deir-Ezzor,  aínda que a maior parte dos medios de comunicación só se centran na fronte de Gouta Oriental onde  combaten o Exército sirio e Rusia contra facións rebeldes e de Al-Qaida.

COMANDO EN VINGANZA DE KENDAL BREIZH

Por outra banda, e segundo apuntas fontes das YPD, acábase de constituir un novo grupo dentro da esquerda alemá que se autodenominou “Comando en vinganza de Kendal Breizh” que protagonizou xa unha sabotaxe neste país contra intereses turcos.

Así, este grupo responsabilizouse da queima dun vehículo da organización Ditib ( Unión Turco-Islámica para asuntos relixiosos), en Schöneberg, Berlin, na noite do venres 19 de febreiro do 2018. Asocian directamente esta entidade cos intereses turcos en Alemaña. 

Este é o seu comunicado:

“The DITIB is not just a simple mosque organization. The DITIB acts openly as the mouthpiece for the fascist AKP regime in Germany. Organizationally, the union is tied to the Turkish religous authority Diyanet from whom it receives all orders and instructions. The contents of their sermons are written in Ankara and their preachers are all trained in Turkey

At this moment, the fascist regime of Turkey and the parliamentary ‘democracy’ of the Federal Republic of Germany, working hand in hand as NATO partners, are fighting against the social revolution in the Kurdish regions and other territories of Syria. Therefore, this revolution must bring the war home to the German cities. Here DITIB also recurits among young people to prevent them from living free lives. They are then more likely to become servants of Erdogan or slaves of capitalism than to rise up.

We will continue our actions against the enemies of the liberation struggle in Kurdistan and the Middle East.

Death to fascism!
Victory to the social revolution in Kurdistan!

The defense of Afrin begins in the streets of Europe!

Revenge Commando Kendal Breizh

*Note from Insurrection News: Kendal Breizh was an internationalist freedom fighter from Breton who was martyred fighting alongside YPG forces against the Turkish Military in the Jindires district of Afrin on February 10, 2018”.

Vehículo dunha asociación relixiosa turca queimado en Berlin polo 'Comando en Vinganza de Kendal Breizh'
Vehículo dunha asociación relixiosa turca queimado en Berlin polo 'Comando en Vinganza de Kendal Breizh'
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 CURDISTAN CEIBE

están entrando en afrin os otomarranos o imperio otomarrano... outra vergonza internacional mais, van con milicias árabes e decir xente semítica contra un pobo ario, estanse a producir as clásicas esceas de mortes e asasinatos indiscriminados e violacions... moita xente fuxio como poido a zonas curdas e zonas sirias... tenebroso o papel do turco auxiliando o estado islámico, auxiliando o terrorismo yihanista, o seu presidente e un califa un dictador islamitero da chamada primaveira arabe

2 Omerta

O seu funeral foi feito polas forzas armadas de Estados Unidos, logo os seus restos foron levados a unha das bases imperialistas dos Estados Unidos en chan de Siria, feitas sen permiso das lexitimas autoridades sirias. Nun principio tiñase pensado levar os seus rstos a Andora, locaidade onde vivia dende hai moitos anos, para ser soterrados nun camposanto andorrano.

1 Shakespeare

Si se muere en combate no se puede hablar de asesinato. Aclararos. Vestía uniforme militar y aparece en las fotos con armas, con lo que no estamos hablando de la muerte de un civil inocente. Tomo partido muy respetable por un bando.

1 CURDISTAN CEIBE

maldita borralla sefardista e islamizante, anda empregando o andalusí, miren si ha algún.ha clave secreda neste comunicado, miren si ha emparellamento de letras por números para organizar algún tipo de atentado yihanista contra eirexas o centro de culto cristians! todo e tomado do ingles kiling in action que se traduce despois por asesinato, mellor seria casuality of war (baixa de guerra) anda e toma tila ignorante... mira mellor toma un.ha aspirina otomarrao