Temas: CAUSA GALIZA

Causa Galiza protesta no Obradoiro pola presenza do rei Juan Carlos

O rei hemérito chega a Santiago para ser nomeado embaixador do Camiño de Santiago.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 23/03/2018 | Actualizada ás 14:21

Comparte esta noticia

A convocatoria realizada pola organización política independentista tivo lugar ás 11:30 da mañá na praza do Obradoiro. As persoas que secundaron o chamamento concentráronse diante dos valados de contención colocados polos corpos de seguridade do estado.

Causa Galicia no Obradoiro
Causa Galicia no Obradoiro | Fonte: Causa Galiza

O obxectivo era mostrar o rexeitamento á presenza do monarca hemérito Juan Carlos de Borbón para reclamar o dereito de autodeterminación para Galicia.

Minutos despois de chegaren as compoñentes de Causa Galiza, aparecía o vehículo do que descendeu Juan Carlos de Borbón. Nese momento as congregadas polo grupo político corearon diversas consignas como "Borbón fóra da Galiza" ou "España a nosa ruina".

A presenza do anterior xefe de Estado correpondíase co seu nomeamento como embaixador vitalicio e de honra do Camiño de Santiago. O acto de entrega das credenciais tivo lugar ás 12:00 no Hostal dos Reis Católicos.

Temas: CAUSA GALIZA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

2 Nexus6

Una multitud que no se cansa de hacer el pa yaso

1 anonimo

Non sei quen pode ser mais paya so si eles ou os que apoian o circo que tedes os españolistas: http://www.laopinioncoruna.es/corun...

1 Belèm Estebam

Caben todos nun Seat Panda (incluído o que sacou a foto)

1 Arquimedesdixit

A dignidade é o que tem, que ocupa o mesmo volume dos que a praticam.