Premio europeo á recuperación do bosque autóctono galego

A European Outdoor Conservation Association recoñece o proxecto realizado en Froxán para plantar 10.000 árbores autóctonas nun terreo antes ocupado por eucaliptos e outras especies invasoras.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 04/04/2018 | Actualizada ás 15:29

Comparte esta noticia

A comunidade de montes de Froxán e o colectivo Coluna Sanfíns están de noraboa. O seu proxecto de recuperación ambiental de 20 hectáreas de monte para bosque autóctono foi o gañador do concurso internacional da European Outdoor Conservation Association.

O proxecto prevé a plantación de carballos no canto de eucaliptos no monte Froxán.
O proxecto prevé a plantación de carballos no canto de eucaliptos no monte Froxán. | Fonte: kukumiku.com

Até 150 proxectos de restauración ambiental de todo o mundo participaron nos últimos meses neste concurso, cuxo premio, financiado con 30.000 euros, permitirá levar a cabo nestes montes a repoboación con 10.000 árbores autóctonas nun terreo antes ocupado por eucaliptos e outras especies exóticas invasoras.

A comunidade veciñal de montes de Froxán (Lousame), que tamén forma parte da plataforma Cousa de Raíces, traslada o seu agradecemento a todas as persoas que contribuíron na consecución deste premio e anima a sociedade a participar nos labores de restauración que se leven a cabo na comunidade a partires de agora. Desde Cousa de Raíces, tamén trasladan a súa noraboa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta