Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/04/2018 | Actualizada ás 14:36
Joaquín Sabina aprazou o concerto que tiña previsto ofrecer este mesmo sábado no Coliseum da Coruña por mor dun problema de saúde.
Segundo informaron desde a organización da súa xira, 'Lo niego todo', Sabina atópase ingresado en Madrid por un problema circulatorio, polo que se viu obrigado a "aprazar" o concerto deste sábado.
Os xestores están a traballar xa na procura dunha nova data para este concerto, que será anunciado nos "próximos días". Aínda que as entradas adquiridas serán válidas para esta nova data, os responsables do concerto abrirán un prazo de devolución para aqueles que non poidan asistir.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.