Carmen Santos avanza un pacto cos críticos para nomear novo secretario de Organización de Podemos Galicia

Asegura que os críticos entenderon que os inscritos apostan "pola coalición" en lugar de integrarse en En Marea.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/04/2018 | Actualizada ás 19:25

Comparte esta noticia

A secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, avanzou que o novo secretario de Organización que substituirá ao dimisionario Juan Merlo será consensuado co sector crítico coa dirección do partido morado galego. Así o indicou nunha comparecencia de prensa celebrada este luns en Santiago na que Santos indicou que entre "o mércores e o xoves" será anunciado o nome da persona que relevará a Merlo, quen renunciou tanto ao seu cargo en Podemos como á súa acta de deputado por En Marea cando saíu á luz que inflara o seu currículo.

A secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos
A secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos | Fonte: Europa Press

De concretarse o nomeamento desa persoa "de consenso", a dirección de Podemos Galicia lograría aparcar as tensións internas que existen no seo da organización desde mesmo antes da chegada de Carmen Santos á Secretaría Xeral.

En palabras da tamén deputada de En Marea, o achegamento entre as "sensibilidades" que coexisten no Consello Cidadán Autonómico (órgano máximo de dirección entre asembleas) prodúcese logo da consulta ás bases sobre o modelo de participación do partido nas próximas eleccións municipais, celebrada a finais do pasado mes de marzo. Así, indicou que o sector crítico era partidario da disolución "de siglas" dentro do modelo de partido instrumental de En Marea e que interpretaban de forma diferente á liña oficialista a palabra "alianza" con outras forzas de esquerda.

Agora, segundo Santos, os críticos "teñen claro" que os inscritos "se referían a coalición", un "marco" que quedou "claro" logo da consulta ás bases sobre as próximas municipalistas, nas que Podemos aposta por que o seu nome figure nas candidaturas de unidade coa excepción daqueles lugares onde existan "marcas consolidadas".

TENSIÓNS INTERNAS

As diferenzas internas en Podemos Galicia estiveron latentes desde antes da elección de Carmen Santos como secretaria xeral, cando o cargo era ocupado polo seu predecesor, Breogán Riobóo.

De feito, hai un ano foi necesaria a intervención da organización estatal, que enviou a Galicia a Pablo Fernández Alarcón, un dos homes fortes de Pablo Iglesias e membro da executiva nacional, para acougar os ánimos.

O punto álxido deste enfrontamento produciuse en marzo do pasado ano, cando 18 dos 35 membros do Consello Cidadán enfrontados á dirección celebraron un encontro en Santiago para aprobar "novos documentos políticos e organizativos" e nomear unha nova executiva na que Ares Jiménez substituía a Juan Merlo á fronte da Secretaría de Organización.

Este movemento foi desacreditado horas máis tarde pola dirección do partido a través dun comunicado. Unha semana despois, Santos convocou o Consello Cidadán no que Pablo Fernández exerceu de mediador e onde se acordou crear unha "comisión de consensos" para achegar posturas entre as sensibilidades.

Deste xeito, a xestión da dirección de Carmen Santos do caso de Paula Quinteiro, a deputada de En Marea que se viu envolta nun altercado coa policía o pasado mes de marzo, serviulle para limar asperezas cos seus críticos, entre os que se atopa a propia Quinteiro e outros dos seus compañeiros no Pazo do Hórreo, como Luca Chao, Pancho Casal ou Marcos Cal.

MULLERES EN PODEMOS E BESCANSA

Nunha semana marcada no seo da organización morada polas negociacións para a candidatura de Podemos na Comunidade de Madrid e a polémica xerada polos movementos internos de Carolina Bescansa para derrocar a Pablo Iglesias, Carmen Santos evitou opinar sobre se a santiaguesa debe dimitir como deputada da formación, unha decisión "que lle corresponde a ela".

Ademais, tamén foi cuestionada sobre a comentada foto na que Iglesias, Íñigo Errejón e Ramón Espinar escenificaron o seu pacto para a presentación da candidatura unitaria en Madrid sobre un fondo no puña 'Nosotras', o que xerou as críticas de sectores feministas incluso dentro de Podemos.

Carmen Santos, que ostenta unha das catro únicas Secretarías Xerais autonómicas de Podemos ocupadas por mulleres, chamou á "autocrítica" e asegurou que dita instantánea "non ten lóxica", aínda que lembrou que Irene Montero é "unha portavoz brillante" no Congreso e que Galicia é "exemplo" no número de mulleres en cargos de responsabilidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

8 urco

Pra coaligarem-se terám que ter com quem. Se as marés som coerentes nom aceitarám o "trágala" da Santos. A consequência será umha maior dispersom na oferta eleitoral dum espaço ideológico semelhante. E a grande responsável disto e a Santos, que já o tentara nas eleiçons autonomicas e que tivo que ser chamada à orde por Iglesias. Enfim a Santos porfia em ser cabeça de rato. Alá ela e quem lhe faga caso.

7 Alén

¡Colacao, Colacao, tu fiel amigo!

6 El hijo de su madre

Por el amor de Dios!!!!!! queréis dejar de hablar de vuestro ombligo y pasar a hablar de los problemas reales del país para ponerles solución??? si no valéis os vais al PP o al PCE y dejáis sitio a otros....

5 VIEIRAS DIRIXENTE DO PODREIRO

non vos enganedes vai a aparecer o vello "gadañas", si o -Vieiras cunhas fouces e van caer un.ha e outra vez e as cabezas remataran polo chan, o vello quere "ampoderarse" do martido dos mouros, a sua dirixencia non e suficientemente colaboracionista, queren por o símbolo de PODREIROS nas papelinas electorais, enton seria todo o que alguns sinalamos coma "marea de podreiros" o dixemos un.ha e outra vez, non se fien do pacto de mandriles entre o coletas "Waldo das JONS" e o vello entregador o chamado -Vieiras caeu en expañol, con grandes teóricos fundmentalistas coma o propio "monedeuros" poden escoitar o seu "nacionalismo expañolista reformista", o vello esta aprobeitandonse da crise dos deputados do podreiros, xente inxenieira, xente escachando coches polas ruas (que vergonza), e agora deputada galega querendo suplantar o Waldo das JONS, un.ha autentica mileidi envelenadora, todo rematara levando outra vez os cueiros cagados do neno e paseandos polos escaños do grupo podreiro.

4 Carmiña

Pablo, que roupa me poño hoxe? Pablo, escolles ti, que aquí na rexión somos pouco espelidos para elixir prenda? Pablo, como queres que nos chamemos: Podemos Galicia, Alicia Pode, Poder Marear, Unidos Podemos Navegar? Pablo, dasme permiso para colocar cun lazo azul pequeniño no grande morado que me mandaches colocar de preferencia? Pablo, impórtache que nos tuteemos, sabendo que ti mandas i eu obedezo, para dar impresión de horizontalidade? Hai Pablo, que ben sabes mandar o eu obedecer! Verdade que estás contento coa miña subordinación?