A moza que fixo unha pintada na Muralla de Lugo: “Foi unha estupidez”

Asegura que xa borrou o que pintou tras visitar o monumento cun grupo de amigas.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 25/04/2018 | Actualizada ás 14:30

Comparte esta noticia

Michela Scanio, a moza que realizou unha pintada na Muralla de Lugo hai uns días recoñeceu que cometeu un “erro” e unha “estupidez” tras o gran impacto que o seu feito tivo nas redes sociais. Por iso, anunciou que procedeu a subsanar o seu erro borrando o que escribiu.

Pintada feita na muralla de Lugo
Pintada feita na muralla de Lugo | Fonte: Instagram

Michela pintou nunha das lousas da muralla o seu nome e o que semella ser o das súas amigas “Giorgi, Ale, Ale”, mentres gravaba un vídeo que logo colgou na popular rede Instagram. Tras publicarse a noticia, e inundarse as súas redes de comentarios, a estudante italiana decidiu borrar o vídeo.

Días despois púxose en contacto co portal Historia de Galicia para recoñecer que ela fora a responsable do feito e recoñeceu que o que fixera fora unha “estuvidez”. “Non sabíamos a estupidez que fixemos nin sabíamos da importancia do erro que estabamos realizando”, asegurou. Podes ler as súas disculpas aquí.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta