Temas: EN MAREA

Hermida formaliza a súa renuncia ao escano por En Marea e deixa vía libre a Julia Torregosa (Podemos)

O ex-coordinador de Marea Pontevedra efectuou este mércores a súa renuncia ao escano ante a Mesa do Parlamento.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/05/2018 | Actualizada ás 14:22

Comparte esta noticia

O ex-coordinador de Marea Pontevedra, Xoán Hermida, efectuou este mércores a súa renuncia ao escano ante a Mesa do Parlamento, ás 11 da mañá, segundo informou o portavoz de En Marea, Luís Villares, quen explicou que, "por tanto, a Mesa xa comezou a tramitación desa renuncia ante a xunta electoral e previsiblemente a xunta electoral reunirase o venres pola mañá ou como moi tarde o luns".

Xoán Hermida, Marea Pontevedra
Xoán Hermida, Marea Pontevedra | Fonte: Europa Press

Desa maneira, previu que a xunta "xa proclamará nova deputada electa, á compañeira Julia Torregrosa". "E a partir dese momento, se se produce esa reunión o venres, a propia deputada poderá vir o venres a facer xa os trámites no Parlamento", agregou.

"En calquera dos dous casos", afirmou que "se estaría en disposición de incluír na orde do día, se así fose, do pleno do martes que vén o seu xuramento ou promesa como deputada de En Marea".

Preguntado sobre se espera que esta decisión acougue os ánimos no seo da formación 'rupturista', indicou que "a recuperación da normalidade parlamentaria", neste caso a través da "asunción das novas responsabilidades por parte da nova deputada" contribúe "a crear un ambiente de normalidade de traballo que é o desexable para poder ocuparse dos intereses da cidadanía".

PRAZO DA CONSULTA

Cuestionado a continuación acerca de cando se activará a consulta á militancia sobre o futuro da deputada Paula Quinteiro, a raíz do incidente no que se viu envolvida coa Policía de Santiago, sinalou que "iso será a organización a que o anuncie no seu momento".

"A última vez que din un prazo estivéronme criticando unha semana, así que me remito á organización e o que a organización teña que dicir", respondeu, interrogado sobre que prazos manexa o líder de En Marea.

O Consello das Mareas aprobou o pasado sábado activar a consulta á militancia, mentres que Hermida anunciou o pasado luns que decidía renunciar de forma definitiva ao escano —dixera que o recollía de forma provisional a semana anterior—, despois de que se iniciase este proceso interno.

Temas: EN MAREA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Hermida

¡Qué ben! así xa se poderá adicar a explotar a temporada estival do seu hotel Arousán. (Razón verdadeira pola que dimite este señor enfadado)

2 circulo resistente podreiros

o importante e cobar os eumonumentos a crematística, son todos cousas e procedementos organizados polo -Vieiras, esta manexando os fios nas sombras o xefe dos iluminatis chamados "mareantes" a sua idea e gobernar o partido podreiros, proclamarse xefe da gran "porquería" agora non vai ser AGE (asamblea galalico-expañola) vai ser podreiros... soa un berro na oscuridade -VIEIRAS, uns xinetes de acabalo esperan nas corredoiras -Vieiras, un latego restaña no aire -Vieiras, un medo desatado -Vieiras, un feudo en metade do monte -Vieiras... señores o partido popular esta gobernando Galiza grazas o -Vieirismo... votar marea (partido instrumento do vello) e meter o pepeiro a gobernar!!!

1 sindios

Hermida dixo que renunciaba. Logo que sería deputado ausente. Despois que renunciaba (outra vez). Non hai dios que os entenda. É moito máis sinxelo facer o de Paula: non dimito e punto, que fóra da política fai moito frío e no Parlamento estase moi ben