Empresarios galegos, preocupados pola intervención de Banesco

Descartan que a situación afecte a Abanca, logo da intervención gobernamental e a detención de once directivos do maior banco privado venezolano, ao que está ligado a entidade galega.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 04/05/2018 | Actualizada ás 14:15

Comparte esta noticia

Empresarios galegos expresaron este venres a súa "preocupación" pola intervención de Banesco por parte do Goberno venezolano, aínda que descartan que a situación poida afectar a Abanca, propiedade do grupo suramericano, principal entidade financeira do noroeste peninsular e un "alicerce" en Galicia.

O banco Banesco
O banco Banesco

O portavoz da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Antonio Fontenla, valorou, "como empresario", a decisión "moi valente" de Juan Carlos Escotet, ao acudir a Venezuela despois da detención de 11 dos seus directivos naquel país. "Outros quedaron aquí", sinalou.

A continuación, Fontenla chamou a atención sobre que, como fontes de Abanca destacan, este banco e Banesco "son sociedades distintas", polo que considera que a actual situación "non" afectará "baixo ningún concepto" á entidade con sede en Galicia, que, ademais, está inscrita "dentro do sistema europeo, moito máis seguro".

Por iso, mostrou "tranquilidade absoluta", tamén porque á persoa que designou para exercer as funcións da presidencia na súa ausencia está "perfectamente capacitada" e, a longo prazo, Escotet "non vai deixar un proxecto tan importante" como o de Abanca.

Pola súa banda, o secretario xeral da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), Jaime López, mostrou a súa "preocupación" despois da intervención de Banesco polas autoridades da República Bolivariana por un período de 90 días ante a suposta contribución da entidade ás distorsións do sistema económico venezolano, o que levou a deixar temporalmente a dirección en Galicia a Juan Carlos Escotet.

López trasladou a súa "preocupación" e a dos empresarios lucenses e galegos após estas detencións que xustifica o Goberno de Maduro pola intervención no mercado de divisas para prexudicar a economía do país americano.

Neste sentido, avisou de que Venezuela é "un país complexo", onde "ás veces non se sabe o que vai ocorrer". "É unha sorpresa para o ámbito empresarial galego", abundou sobre ditas capturas.

O directivo defende que Abanca é "un dos alicerces bancarios onde se fundamentou esta comunidade autónoma de forma clara". "Non podemos esquecer a herdanza recibida das antigas caixas. Si que o vemos con preocupación e esperamos que se normalice canto antes", sostivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Cocrodile Dundee

Isto é o que pasa cando se confía en empresas como Pemex, banesco e similares. Se Latinoamérica non avanza non é só por imperialismo, colonización..., tamén influe a maneira de facer as cousas importada daquí e non dos países saxóns.