Temas: XANCEDA LEITE

A Casa Grande de Xanceda busca o ‘Heroe Verde’

Caracterizada polo seu compromiso co medio ambiente e o benestar animal, esta granxa ecolóxica quere premiar aos que traballan día a día por facer deste mundo un lugar máis sostible.

Por X.M. Fernández | A Coruña | 10/05/2018 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

Aproveitando que cumpren 50 anos coidando vacas, os responsables deste proxecto agro gandeiro pensaron que resulta necesario recoñecer a labor de persoas, colectivos sociais e tamén empresas que con pequenas accións contribúen a que todos poidamos gozar dun mundo mellor e sostible.

Casa Grande de Xanceda. Foto cedida.
Casa Grande de Xanceda. Foto cedida.

Desta reflexión naceu o proxecto Heroes Verdes, acción que pretende atopar a eses superheroes cotiás que no seu día a día traballan por axudar a manter a biodiversidade, o equilibrio medioambiental e o benestar animal. Teñen cabida grandes e pequenas accións que ás veces incluso pasan desapercibidas. Para esa misión crearon a web www.heroesverdes.com  na que calquera poderá propoñer o seu particular “heroe verde”: familiares, profesores, amigos, asociación, empresas, ongs… Nesta mesma páxina poden facerse votacións a golpe de clic e igual que en calquera sistema democrático permítense campañas para acadar máis votos compartindo as candidaturas en redes sociais.

A persoa ou entidade que acade máis votacións será premiada cun cheque de 2.000 euros que doará á asociación ou proxecto medioambiental que desexe. Para aqueles que queden en segunda e terceira posición recibirán 500 euros co mesmo obxectivo.

A Casa Grande de Xanceda é unha granxa galega situada en Mesía, no interior da provincia de Coruña, caracterizada polo seu compromiso ambiental e de benestar animal coas súas 380 vacas. Produce derivados lácteos de alta calidade e conta cun plan de responsabilidade social con proxectos pola educación en escolas de cara a fomentar o coidado animal e o emprendemento rural. A súa labor foi galardoada o pasado ano co premio RSE Galicia da Xunta. 

Vacas da Casa Grande de Xanceda. Foto cedida.
Vacas da Casa Grande de Xanceda. Foto cedida.
Temas: XANCEDA LEITE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Anti spamña

Estes pasan do galego, eu paso deles.