Marta rectifica: "Estoy muy orgullosa de ser gallega"

A concursante de Gran Hermano, que afirmou que "le dá un bajón" cando un mozo lle fala en galego, asegura, agora, logo de abandonar o programa, que "no hablaba" por ela cando dixo iso.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 04/03/2011 | Actualizada ás 21:01

Comparte esta noticia

A coruñesa Marta López rectificou as polémicas declaracións que realizou hai unhas semanas e o fixo logo de ser expulsada da casa de Gran Hermano por iniciativa da audiencia. "Es una realidad que se ha vivido pero yo no estaba hablando por mi. Yo no pienso eso de Galicia. Yo estoy muy orgullosa de Galicia. Llevo mi bandera a donde haga falta", destacou ao ser preguntada pola presentadora do programa de Telecinco.

Sen embargo, volveu caer en certos tópicos ao tentar rectificar as súas declaracións anteriores. "Es verdad que en los cascos urbanos no se habla gallega. Se limita a los pueblos, a los lugares más cerrados", dixo sobre o uso do galego nas cidades.

"Me cuesta entenderlo"

Sobre o acento galego --dixera que a veces lle daba vergoña o seu acento-- sinalou que "cuando digo lo del acento, si es más o menos cerrado, yo lo digo porque no lo hablo". Así, precisou, "según la provincia en la que estás se habla un gallego u otro. La gheada o el seseo son rasgos característicos de algunas provincias. Pero yo como no hablo gallego y no estoy acostumbrado a que mi entorno lo hable...Como yo no lo hablo hay algunas veces que me cuesta entenderlo porque es muy cerrado".

Seguidamenbte, puntualiza "pero yo no tengo nada en contra de eso. Yo tengo gente, mis abuelos, que hablan en gallego y los quiero muchísimo, hablaran en gallego, en catalán o lo que fuera. Es una realidad que se ha vivido pero yo no estaba hablando por mi".

Galego-portugués

E a pesar de dicir que non fala galego, indica que "cuando he tenido que hablar gallego, he hablado gallego. Cuando había que hacer la prueba de las llamadas, yo quería hacer la llamada portuguesa porque era mi oportunidad de hablar en gallego en la medida de lo posible. Yo en ningún momento quiero decir que Galicia es malo porque soy gallega y estoy muy orgullosa de ser gallega".

None

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 34 comentarios

9 os de sempre

co o conto de que si galego sí galego non,xa estamos metendo merd...de gran hermano e cotilleos rosa que non lle interesan a ninguen do galicia confidencial,o que queira iso xa ten o que me dices,lecturas,hola,semana,dez minutos e demais panfletos de peluqueria

8 compostelan

Traki nena, que ser galego é unha desgracia que lle pode pasar a calquera, nos somos uns tres ou catro millons e lebámolo con resignación. O malo é cando tes que ir a capital, a Madriz, que ainda que intentes imitar aos morancos, notanche o acento e poñente aparte. Y cando ya dominas un pouco el acento, te viene un paisano falando gallego y te da un bajón que no te arrecuperas en un mes. Pero eso tamen le pasa a los políticos que arreniejan del gallego y no pueden evitar el acento en Madriz. Una desjrasia filliña.

7 marcos

Se ademais que fea é a ghicha.

6 coruñés

Que é falar galego?. Se tes un amigo en New York e lle falas en inglés xa non eres un galegofalante?, se tes amigos cos que falas en castelán xa non es un galegofalante?. Dígoo porque coñezo a moito castelánfalante na Coruña que cando vai á aldea convírtese nun galegofalante. Vostedes viron Alfonso Molina un venres a partires das 6 da tarde?. Marta é unha probe cosmopaleta, non opina así, porque ela non opina nada, só actúa por imitación, coma os monos. Hai moita xente que como controla esfínteres é difícil ver a primeira vista o oligofrénicos que son. Na Coruña hai ignorantes que opinan así, e moita xente boa que fai coma Vicente, que vai onde vai a xente.

1 Manoliño

JAJAJA, alguén perdeu por aí unha pantasma?

2 CranioF

Algo paletiña é. Pero aos paletos hai que facelos razoar. Enfrentalos coas suas propias incoherencias de pensamento. Rectificar é de sabios. Encastillarse é de paletos. Non é cuestión de chamar oligofrénico a ninguén. Eso sí, o dos monos fíxome moita gracia.

5 Manoliño

Esta rapaza recolle una realidade que calquera pode pulsar con tan so ir á Coruña, a Vigo ou a Ferrol, cidade esta última onde so coñezo a un que fale galego, e coñezo uns cantos ferroláns. Nas cidades, pódese dicir que so falan galego os do BNG, e non todos... Tamén os que proceden do mundo rural e ninguén mais. O problema do galego é que o referente é o nacionalismo, coas súas estridencias como por exemplo esto que ten no programa político o candidato á alcaldía da Coruña como é a nacionalización do chan urbano. Xente que non recoñece e protesta pola exclusividade que ten o Estado no emprego da violencia, que calquera persoa "normal" considera o idem. Xente que vai de demócrata pero tilda á nosa democracia de burguesa, porque son comunistas, pero non eurocomunistas, senón dos que aspiran a implantar a ditadura do proletariado e teñen por modelo a Corea.

1 Roel

Hahahahaha esta si que é boa. Perdoa que me cachodee do teu infantilismo. Agora, según ti, toca mesturar. Na Coruña só coñeces a un que fala galego? Só falan galegos os do BNG? hoxe bebiches ou ti crees que calquera no seu sano xuizo comparte iso. Aprobeitas para atacar ao canditado da Coruña e para todas as tuas tirrias, mesturar lingua con ideoloxía.Que falaban os teus pais e avós? e por iso eran do Bloque? O problema non é o nacionalismo, ainda que ti como se ve queiras dicir que os que lles da a gana de falar galego son do BNG, pero que mala persoa, que ansias de facer dano ao galego intentando dicir que os falan galego son do BNG que tando odias. O galego é a lingua e cultura da que nos debemos sentir orgullosos, non nos veñas coas túas receitas políticas. O galego é un idioma non un partido político, ainda que ti o utilices e intentes mingualo e eliminalo.

2 Arenga

Manolo o problema do galego está no outro reportagem sobre a auto-genofóbia que sufrides certa gente, ademais de outras lideiras como de acussar de todos os males aos nacionalistas(galegos, vascos e catalans nunca o espanhol) e aos comunistas, quando em realidade como tu dis na maioria dos eus comentários pintam bem pouco na sociedade.

3 Manoliño

Pero que rollo Roel... O problema do galego está en que o nacionalismo apropiouse da súa defensa, e sendo esta opción minoritaria, considerada polos seus opostos como exasperada, axitada, integrista, talibán, ou como queiras dicilo, nin dios quere parecerse a un nacionalista. E isto é a morte do galego. Penso que non é tan difícil de entender, e de constatar con tan so saír ás rúas.

4 Tino

Pues yo no estoy orgulloso de ser gallego, porque no tuve ningún mérito ni posibilidad de escogerlo. Que chorrada, estar orgulloso de ser gallego, valenciano o marroquí.

5 Manoliño

Hay muchas otras cosas que no escogemos, como los padres y quien más quien menos es de suponer que se enorgullece de ellos. El problema surge si ese orgullo es tan agresivo como en el caso del nacionalismo gallego, excluyente; y lo más alarmante es que no tienen por modelo una democracia burguesa al uso, sino que aspiran a convertir Galicia en un régimen como el coreano, y de esto último, no dicen ni mu. Eso sí, desvían la atención que da gusto.

6 Murados

Manoliño, logo a xente toda que nos 60-80 emigrou do rural ou voltou de Alemaña ou Suiza pra vivir na Coruña ou Vigo, en que fala??? non hai ningún que fale galego e non vote ao BNG?, anda, pásate por Barreras ou Citroen un día ho!.

7 Manoliño

Murados, ripito por senón estiveses de coña: "pódese dicir que so falan galego os do BNG, e non todos... TAMÉN os que proceden do mundo rural e ninguén mais".

8 CranioF

Volves a ter razón, Manoliño, pero eu engado algo máis: Non só é a identificación co nacionalismo o que está matando o idioma, tamén conta -e moitíssssssimo- o palurdismo, a ingnorancia cara ao idioma, os terribles prexuízos. E diso o nacionalismo non ten a culpa, hai que recoñecelo. Ben sabes que non me fan ningunha gracia, pero esa e a verdade.