Marta rectifica: "Estoy muy orgullosa de ser gallega"

A concursante de Gran Hermano, que afirmou que "le dá un bajón" cando un mozo lle fala en galego, asegura, agora, logo de abandonar o programa, que "no hablaba" por ela cando dixo iso.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 04/03/2011 | Actualizada ás 21:01

Comparte esta noticia

A coruñesa Marta López rectificou as polémicas declaracións que realizou hai unhas semanas e o fixo logo de ser expulsada da casa de Gran Hermano por iniciativa da audiencia. "Es una realidad que se ha vivido pero yo no estaba hablando por mi. Yo no pienso eso de Galicia. Yo estoy muy orgullosa de Galicia. Llevo mi bandera a donde haga falta", destacou ao ser preguntada pola presentadora do programa de Telecinco.

Sen embargo, volveu caer en certos tópicos ao tentar rectificar as súas declaracións anteriores. "Es verdad que en los cascos urbanos no se habla gallega. Se limita a los pueblos, a los lugares más cerrados", dixo sobre o uso do galego nas cidades.

"Me cuesta entenderlo"

Sobre o acento galego --dixera que a veces lle daba vergoña o seu acento-- sinalou que "cuando digo lo del acento, si es más o menos cerrado, yo lo digo porque no lo hablo". Así, precisou, "según la provincia en la que estás se habla un gallego u otro. La gheada o el seseo son rasgos característicos de algunas provincias. Pero yo como no hablo gallego y no estoy acostumbrado a que mi entorno lo hable...Como yo no lo hablo hay algunas veces que me cuesta entenderlo porque es muy cerrado".

Seguidamenbte, puntualiza "pero yo no tengo nada en contra de eso. Yo tengo gente, mis abuelos, que hablan en gallego y los quiero muchísimo, hablaran en gallego, en catalán o lo que fuera. Es una realidad que se ha vivido pero yo no estaba hablando por mi".

Galego-portugués

E a pesar de dicir que non fala galego, indica que "cuando he tenido que hablar gallego, he hablado gallego. Cuando había que hacer la prueba de las llamadas, yo quería hacer la llamada portuguesa porque era mi oportunidad de hablar en gallego en la medida de lo posible. Yo en ningún momento quiero decir que Galicia es malo porque soy gallega y estoy muy orgullosa de ser gallega".

None

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 34 comentarios

4 Roel

Pero que pedazo de mentirosa, voy a escribir en castejano porque esta señorita se lo "merece". Ahora resulta que no hablas jallego, aunque tus abuelos si lo hablan... que triste mentira. Ti falas galego. o que pasa é que tes medo que non te apoien para seguir aí, únicamente por iso agora nos vés co contiño este de que respectas. Mintira, es unha pena de persoa e deixaches moi claro o que ti es. Verémonos e entón direiche a ti ao igual ca lle dixen no seu día ao médico de Sada vendido por 300.000€. TRAIDOR, NON CHE DA VERGONZA?

3 os de sempre

a ver se deixamos de falar deses ¿programas? do mundo da farandula,dentro de pouco o galicia confidencial falará de belen esteban senon al tiempo...

1 Manoliño

Non podo estar mais de acordo.

2 Verdade

Pero falan do programa ou da concursante galega?

2 Verdade

Seica minte? En Vigo, Coruña, Pontevedra e Ferrol non fala galego nin diola. O mesmo podería dicir un rapaz de Lobios, pero en galego. A realidade é así, nas cidades mási ou menos grandes de Galicia non se fala galego. Cal é o problema do que di? que nos fode? pois FALADE GALEGO!

1 Roel

Non é VERDADE o que dis. Simplemente porque eu fago toda a miña vida social en galego e sei moi ben que ainda que hai moitos que renegan, non me veñas dicindo que nas pequenas urbes galegas se fala en castelán únicamente. Hai moito e sobretodo moita castelanfalante renegada, pero podes ir a calquera sitio e falar en galego. Non deas por perdida unha batalla que se ve que non libraches. Perdoa o atrevemento, pero ti parecesme un deses que SI deixa de falar galego cando chega á caixa dun supermercado e lle falan castelán e responde no mesmo idioma.

2 carlos

Tanto me ten o que diga.... que non se fala galego nas cidades??? iso non é certo (polo menos non completamente) ... o que si é certo é que non é maioritario na cidades, pero iso nin moito menos quere dicir que non se fale. A min esta rapace que diga o que queira obviamente, que non fale nunca en galego se lle peta....o que non me parece de recibo é iso que di de " me da un bajon cuando un chico me habla en gallego" ISOOOOO si que demostra que clase de muller é e que o seu galeguismo éche coma o do PPdg.... " somos muy gallegos, llevamos la bandera de galicia por el mundo etc etc etc"... pero á hora de a verdade todos sabemos o que opinan o votantes do PP do galego ( polo menos un sector imporante deles) " el gallego esta muy bien, pero para hablar en casiña o para esas cosas.... es ridiculo montar una empresa en gallego o realizar cualquier labor en gallego"....

3 Akiva

Para Roel: Que bassura é essa de "renegada"? Renegada de que? Com este tipo de plantejamentos próprios dos názis não é de extranhar que a gente remate identificando o uso do galego com os gansos do BNG

1 meri.PoP

Ela ha de pensar q non ten acento ou...???