Feijóo sobre a fusión das caixas: "Volvería facer exactamente o mesmo"

A opisición denuncia as súas mentiras. Tanto En Marea como BNG repróchalle que non teña entregado os informes da auditora.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/05/2018 | Actualizada ás 15:11

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que as dúas caixas de aforros galegas, Caixa Galicia e Caixanova, "non podían existir". "Ningunha delas, iso sabémolo todos salvo aqueles que queren seguir falseando o relato e mentíndolle aos galegos", sinalou.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, no pleno
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, no pleno

A fusión das caixas e a súa posterior desaparición volveu a centrar a sesión de control da Cámara galega trala declaración no Congreso dun responsable da consultora KPMG, que asegurou que o documento elaborado por esta consultoría non constituía unha auditoria nin tampouco unha recomendación sobre si era conveniente ou non realizar a fusión.

Este mércores, tanto o portavoz de En Marea, Luís Villares, como a do BNG, Ana Pontón, volveron a esixir ao presidente da Xunta "explicacións" e "documentación" sobre este proceso que derivou na creación dun banco que foi adquirido por capital privado para converterse na actual Abanca.

"Non era nin auditoría nin recomendaba a fusión", reprochoulle Ana Pontón a Feijóo sobre o estudo polo que a Xunta "pagou un millón de euros" a KPMG. "As súas mentiras saíronlle moi caras a este país, supuxeron a venda a prezo de saldo das nosas caixas, a desaparición de miles de empregos e unha fuga cada ano de 15.000 millóns de euros", denunciou a líder do Bloque que acusou ao presidente de "traizoar os intereses" de Galicia ao permitir tamén a venda de Novagalicia Banco, que "era viable".

Ademais, volveulle a reclamar que facilite á Cámara este estudo e "non as 40 follas de Power Point" das que "dispón" a comisión das caixas, e advertiulle de que "falsificar unha auditoría" pode supoñer "dous delitos tipificados no código penal", "falsedad documental e prevaricación".

Reunión dos ex directivos de Novacaixagalicia na Xunta, pouco despois da fusión das caixas
Reunión dos ex directivos de Novacaixagalicia na Xunta, pouco despois da fusión das caixas | Fonte: Xunta

Pola súa banda, Luís Villares (En Marea) instou a Feijóo a entrar no Parlamento a carta de encarga á auditoria que "supuestamente avalaba a decisión de fusionar as caixas galegas", así como "os informes dos técnicos de Facenda". "Dous documentos que o Goberno galego esconde desde fai anos pese a estar obrigado por lei a entregar dita documentación á Cámara", sinalou.

O maxistrado en excedencia argumentou que, "no caso de que non se encargase dita información, a Xunta caería nunha ilegalidade", xa que "está obrigada por lei" a iso. "E si a encargaron pero agora están escondendo esa documentación, están igualmente actuando de forma ilegal", advertiu.

FEIJÓO, "VOLVERÍA A FACER O MESMO"

En fronte, o presidente da Xunta acusou a ambos dirixentes de "estar en contra" de que Galicia teña unha "entidade financeira propia". "Que querían, que se liquidasen as caixas e que nos fósemos coa sé a Madrid ou a Valencia?", preguntou.

"De que se me acusa, de defender a Galicia?, Acepto", De que se me acusa, de defender 12.000 empregos? Acepto", De que se me acusa, de querer unha sede financeira en Galicia? Acepto", manifestou Feijóo desde o seu escano.

Todo iso nunha intervención na que replicou á oposición que a documentación que reclaman está no Parlamento desde fai "cinco anos". "Son 34 caixas e 300.000 folios", subliñou Feijóo, que tamén defendeu que o responsable de KPMG dixo no Congreso en "2018" o "mesmo" que na Cámara galega en "2013".

"Si revisase vostede a comisión, na que compareceu o señor de KPMG, podería vostede ler o seguinte: En canto ao alcance do traballo, era exclusivamente analizar a viabilidad da fusión". "O que encargou a Xunta foi si cumpría ou non, si era viable ou non a fusión, e a resposta foi si, sen paliativos", dixo.

Por iso, deixou claro que "nunca" mentiu sobre este proceso. "Nunca lle mentín ao meu país, nunca terxiversei un informe e, si volvésemos empezar, volvería facer exactamente o mesmo, traballar para ter unha entidade financeira en Galicia, con 12.000 persoas empregadas en Galicia", subliñou.

CRÍTICAS A PONTÓN E VILLARES

Nunha sesión na que Ana Pontón afeoulle a Feijóo o "novo caso illado" de corrupción no PP que supón a detención do exministro de Traballo do Goberno de Aznar, Eduardo Zaplana, Feijóo recordou a líder nacionalista que un exconselleiro do BNG, Fernando Branco, tivo que dimitir como deputado por "estar investigado pola xustiza". "Hai unha gran diferenza entre estar neste grupo e o seu grupo, non teño a ninguén nesa circunstancia e vós só gobernachedes catro anos", sinalou.

Ademais, acusou a Villares de "non ter nin idea" do proceso de fusión das caixas e de "non estar "á altura" para ser un parlamentario da Cámara galega. "Espero que durante os seus anos de xuíz non politizara a xustiza. Pero, desde logo, o que fai francamente ben é judicializar a política", reprochoulle.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Xose

Ou o representante de KPMG minte ou Feijoo minte, pero os dous non poden dicir a verdade. "AGE divulga los contenidos de parte de los informes declarados secretos en los que la Xunta apoyó su impulso a la unión de Caixa Galicia y Caixanova. Los autores del documento admiten que fue hecho "a la medida" de las peticiones del Gobierno y que no recomendaron la constitución de una única entidad" ( https://www.eldiario.es/galicia/KPM... Noticia do 2013. Estamos case na metade de 2018 e aínda non sabemos a verdade.