ETA e Hamas

Asistiamos hai unhas semanas ao tan anhelado final de ETA. Co seu fin chegou a hora do reconto último de vítimas ocasionadas durante décadas polo terrorismo etarra. A cifra final é froito da verificación por parte do sistema policial, sanitario e xudicial dun estado democrático e de dereito con todas as garantías que isto conleva, mesmo para os propios terroristas.

Por Pedro G.-Valadés | Vigo | 23/05/2018

Comparte esta noticia
Asistiamos a pasada semana a violentos incidentes na fronteira de Gaza nos que Hamas ofreceu un número de vítimas que, a pesar de proceder dunha organización sinistra e terrorista, foi recibido pola opinión pública e os medios de comunicación sen ningún cuestionamiento nas cifras, sen que teñamos constancia de ningún sistema de verificación fiable. 
 
O sucedido na fronteira de Gaza é sen dúbida unha terrible traxedia, toda morte evitable de seres humanos o é. Pero na miña opinión hai que distorsionar e retorcer moito a realidade para poder responsabilizar diso ao estado de Israel, esquecendo a perversa utilización que dos gazeties fai un grupo terrorista que goberna de forma totalitaria e que utiliza como arma propagandística aos seus cidadáns, lanzándoos, a pesar de todas as advertencias, contra o valado fronteirizo con Israel, detrás da cal, non nos esquezamos,  hai civís aos que o estado de Israel -como calquera outro estado- ten a obriga de protexer. Porque imaxinemos cal sería a situación se algún grupo de militantes de Hamas conseguira atravesar a liña fronteiriza e chegar a algún dos kibbutz ou pobos israelís que se atopan xa a 300 ou 500 metros do valado, o escenario con certeza sería dantesco. 
 
Mais as mortes, sexa o número que realmente sexa, é responsabilidade de quen os provoca e utiliza para así obter réditos propagandísticos sen ter en conta no máis mínimo os dereitos humanos dos seus cidadáns.
 
Eramos testemuñas hai unhas semanas do punto final de ETA. Oxalá, máis cedo que tarde, poidamos ser testemuñas tamén do final dunha organización terrorista aínda máis sanguinaria, como é Hamas. Sen dúbida a súa desaparición será positiva, en primeiro lugar, para os propios palestinos que directamente a padecen e, en segundo lugar, tamén para o urxente proceso de paz israelo-palestino constantemente saboteado e torpedeado polo islamismo radical da organización terrorista Hamas.
 

Comunicado de disolución de ETA
Comunicado de disolución de ETA | Fonte: ekin
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Pedro Gómez-Valadés Presidente da Asociación Galega de Amizade con Israel-AGAI, membro da coordinadora estatal de Tarbut Sefarad e membro da Executiva en Vigo de Compromiso por Galicia-CxG.