Corría o ano das milagres, o inesquecible 1992, o ano dos Xogos Olímpicos de Barcelona, da Exposición Universal de Sevilla, do quinto centenario do descubrimento de América e dunha cuarta efeméride máis, efeméride esta que en contraposición da grande carga positiva das tres citadas, esta cuarta conmemoración foi un amargo recordatorio dun dos máis negros episodios da longa historia de España. Sucedeu no ano 1492 de infausta lembranza para a comunidade xudía por ser este o tempo no que os Reis Católicos decretaron o seu edicto de expulsión dos xudeus das terras dos seus reinos.
Cinco séculos despois o daquela presidente do Estado de Israel, Chaim Herzog viaxou a España, a nunca esquecida terra de Sefarad, en visita de Estado. Había só 6 anos do establecemento de relacións diplomáticas entre España e Israel sendo os xefes de goberno respectivos Felipe González e Shimón Peres. Ao longo dos 31 anos de diplomacia directa entre Madrid e Xerusalén, as relacións foron boas aínda que manifestamente mellorables. Moitas tomas de posición de España na política internacional non axudaron, máis ben ao contrario, á mellora da confianza e ao estreitamento das relacións hispano-israelís.