O galego Ángel Carracedo, novo presidente da Academia Internacional de Medicina Legal

O catedrático da Universidade de Santiago foi elixido durante o 24º Congreso da Academia que se está desenvolvendo en Fukuoka (Xapón).

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 07/06/2018 | Actualizada ás 18:22

Comparte esta noticia

O catedrático de Medicina Legal da Universidade de Santiago (USC) e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, o galego Ángel Carracedo, foi elixido novo presidente da Academia Internacional de Medicina Legal (IALM), durante o 24º Congreso da Academia que se está desenvolvendo en Fukuoka (Xapón) ata este venres.

Ángel Carracedo
Ángel Carracedo | Fonte: USC.

A Academia Internacional de Medicina Legal, antes coñecida como a Academia Internacional de Medicina Legal e Medicina Social, foi fundada en 1938 na cidade de Bonn (Alemaña). O seu principal obxectivo é promover o progreso científico no campo da Medicina Legal, polo que promove a colaboración e o intercambio de información entre especialistas a nivel internacional.

Con esta finalidade, a Academia organiza reunións e congresos científicos para establecer directrices e recomendacións nas diferentes áreas de Medicina Legal e a través das publicacións científicas.

A IALM ten como propósito colaborar con outras sociedades científicas neste eido, así como proporcionar coñecemento e experiencia para dar resposta ás consultas públicas relacionadas coa disciplina da Medicina Legal. A Academia integra organizacións médico-legais do ámbito internacional e conta con representantes da maioría de países de todos os continentes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta