Luca Chao sobre o desafío de Cerna: "Son fórmulas do pasado"

A deputada rupturista Luca Chao acusou a Cerna de tratar de converter En Marea en "un partido clásico" co seu chamamento, efectuado este venres, a que os partidos que conforman o espazo político "se disolvan" en favor da participación a título individual das persoas inscritas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/06/2018 | Actualizada ás 15:17

Comparte esta noticia

A deputada rupturista Luca Chao acusou a Cerna de tratar de converter En Marea en "un partido clásico" co seu chamamento, efectuado este venres, a que os partidos que conforman o espazo político "se disolvan" en favor da participación a título individual das persoas inscritas.

Luca Chao
Luca Chao | Fonte: @LucaChao_

"É coherente coa liña que Cerna leva mantendo, que pretende facer de En Marea un partido tradicional", asegurou este venres a parlamentaria Luca Chao --membro de Podemos Galicia--, en declaracións aos medios por mor da comparecencia de prensa celebrada horas antes pola coordinadora de Cerna.

Nela, a compañeira de Chao no Grupo Parlamentario de En Marea e portavoz nacional de Cerna, Paula Vázquez Verao, fixo un chamamento aos partidos que conforman o universo rupturista a "disolverse" en En Marea para, deste xeito, aparcar as "posicións partidistas" e que a "soberanía" do espazo político recaia nas persoas inscritas e non "nas cúpulas" das organizacións.

Cuestionada sobre iso, Luca Chao censurou que Cerna "non entendeu absolutamente nada do que viñemos facendo en Galicia desde o inicio da confluencia". "A maioría social que apoia En Marea non quere un partido horizontal no que uns manden e outros decidan; queremos outra cousa", apostilou.

Nesta liña, critica o movemento de Cerna porque entende que busca converter a En Marea nun "partido tradicional", que cre unha "fórmula do pasado" que "só son válidas para organizacións do pasado, que non é nin debe ser En Marea".

"(En Marea) Ten que ser outra cousa, un espazo moi diferente ao que queren construír organizacións como Cerna", concluíu Chao, aliñada co sector crítico coa dirección de En Marea, encabezada por Luís Villares e apoiada en organizacións como Cerna, certas mareas municipalistas e un grupo non oficialista de Anova.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

2 O raposo do Vilar

Pero esta aínda non "rupturou" nada? Ou si? Do que estou seguro é de non roturou nada. Iso é para os aldeanos do rural. Iso si ten un look moi campeiro.

1 Estas de coña

Partido tradicional? O di unha persoa que forma parte do único partido leninista que queda en España, dirixido pola familia ortega