Carmen Santos (Podemos): "Que é Cerna?"

Di do equipo designado por Sánchez que ten "unha imaxe moi positiva que reilusiona á xente", pero empraza ao novo Executivo central a "cumprir" con Galicia en cuestións como a transferencia da AP-9 ou anular a prórroga a Ence.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/06/2018 | Actualizada ás 18:31

Comparte esta noticia

A secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, preguntouse "que é Cerna" ante o reto lanzado desde esta formación para que os partidos que conforman En Marea se disolvan na organización rupturista en favor da participación a título individual das persoas e, deste xeito, se abandonen as dinámicas de partido.

A secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos
A secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos | Fonte: Europa Press

"Os actores políticos que impulsaron a unidade en Galicia para ter unha fronte ampla contra o PP todo o mundo os coñece", asegurou este domingo a tamén deputada de En Marea nunha entrevista concedida a Radio Nacional recollida por Europa Press.

Así, evitou pronunciarse sobre o chamamento efectuado por Cerna o pasado venres e apuntou que o que "importa" é articular un "programa" común e fomentar a "unidade" das forzas da esquerda rupturista. "O resto é irrelevante", dixo. Podemos e IU queren impulsar candidaturas a nivel local que foron criticadas por En Marea, mentres que, polo momento Anova garda silencio.

Na entrevista, Carmen Santos repasou a actualidade política a nivel estatal e galega, marcada, respectivamente, polo recentemente estreado goberno presidido por Pedro Sánchez e a posible marcha de Alberto Núñez Feijóo a Madrid para relevar a Mariano Rajoy á fronte do PP.

VALORACIÓN POSITIVA DO GOBERNO DE SÁNCHEZ

En canto ao novo Executivo socialista, comentou que "hai que esperar" a ver "cales son os feitos deste goberno", aínda que recoñeceu que o equipo designado por Sánchez ten "unha imaxe moi positiva que reilusiona á xente" e saudou que estea composto "maioritariamente por mulleres".

Con todo, expresou que "sería máis positivo para dar estabilidade ao cambio" que os socialistas incluísen no novo Goberno a Unidos Podemos, porque o Executivo gozaría de "máis forza" ao estar "sostido por 10 millóns de votantes" en lugar de por "cinco".

A continuación, instou ao Partido Socialista a "cumprir" con Galicia en "distintas cuestións vitais" como a transferencia da AP-9, a creación dunha fiscalía anticorrupción na comunidade ou "anular" a prórroga á planta de Ence na Ría de Pontevedra.

FEIJÓO

"Feijóo hai tempo que non pensa en Galicia. A súa ambición política desmesurada fíxolle esquecer a Galicia hai tempo", indicou Carmen Santos en referencia ao posible salto á política estatal por parte do xefe do Goberno galego.

Con todo, evitou pronunciarse sobre se comparte co portavoz de En Marea, Luís Villares, que deberían convocarse eleccións autonómicas no caso de que se confirme a marcha a Madrid do presidente galego. "Non podo valorar se estou en contra ou a favor dunhas eleccións", engadiu, a pesar de que afins a Podemos e críticos de En Marea se amosaron contrarios públicamente este sábado.

Sobre isto, asegura que non sabe "cal é a mellor opción" pero admite que "no escenario político pode pasar de todo", como, para Santos, demostrou o acontecido con Mariano Rajoy, censurado polo Congreso dos Deputados só unha semana despois de sacar adiante os orzamentos. "Hai que ser cautos e ver que pasa", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

9 Ghaditano

Santos como dinamiteira das marés . Já podia aprender algo da sua conmilitona Teresa Rodriguez.

8 ¿Que quen é cerna?

...os pelotas de Villares, seu chofer e o lucro cesante dos 6000 euros dignos ao mes -porque yo lo valgo.- camiño da misa de domingo

7 Fuck-up, Fuck off

Quo vadis Jehová?

6 PIT

Quen é Carmen Santos?

5 ISABEL A CATODICA

son 38 persoas jallegas do expañol que foron os bonecos mais rebaixados do vello -Vieiras, ata que o vello optou polos alcaldes mareantes empurrando fora da anova a toda a tropa xa inútil (o grupo de palleiro rico foi desde enton cochiqueira pobre) intentaron facer anovación pero o vello -Vieiras preferiu os alcaldes mareantes coruños e golfiño merendiño de SantiAGE de componendas, hoxe en día saben das preferencias do vello "golpizadores da fpg os chamados kungfu-panda" están totalmente caidos na desgracia e por iso autodisolvesen, pero quen e podrieors a seita de virobah, si e todo militancia telemática do sistema, quen e o podreiros "la comunista" que con 21 dirixentes do comité central do peceiro imponen o seu alcaldable "martiñeli" pola porta de atrás e sin consulta as bases (excluidos militantes da peroxa pepeira) por favor... e que e marea sinon un.ha desgraza un intento galaico-expañol pergeñado polo vello -Vieiras nun dos mais horrísonos pesadelos

1 Fernando III

Que ben falas, parese mentira que non teñas o COU.

2 Richard Colhom de Lion

Phoder¡¡¡ Pois eu son licenciado en clásicas, falo esperanto, galego, castellano e inglés e resúltame tremendamente difícil entendelo. E mira que estou de acordo co que di casi sempre... pero lévame un par de horas descifralo a pesar dos meu coñecementos en linguas.