A militancia de EU decide se vai con Podemos ou continúa coas mareas

Esta formación abre un proceso entre as bases para votar o modelo de alianza nas municipais. Rubén Pérez recoñece "discrepancias" coa coordinadora de En Marea e aposta por un "paraugas máis consolidado" dentro dun "marco estatal".

Por Alicia Casas | Compostela | 13/06/2018 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

"Estás de acordo con que Esquerda Unida concorra en coalición electoral con Podemos, Equo e outras organizacións políticas nos procesos electorais de municipais, autonómicas e europeas de 2019?". Esta é a pregunta coa que as bases de EU deberán ratificar o acordo recollido na declaración conxunta de IU con Podemos e Equo, dada a coñecer hai uns días e que xerou unha forte polémica no seo de En Marea. Segundo este acordo, todas a candidaturas municipais nas que vaian estas formacións en Galicia terían que levar as siglas de IU, Podemos e Equo.

Alberto Garzón con Yolanda Díaz, Rubén Pérez e Eva Solla durante un acto do Partido Comunista de Galicia (PCG)
Alberto Garzón con Yolanda Díaz, Rubén Pérez e Eva Solla durante un acto do Partido Comunista de Galicia (PCG) | Fonte: blogdelviejotopo.blogspot.com

Os afiliados de Esquerda Unida, a marca de  Izquierda Unida en Galicia, serán os primeiros en pronunciarse sobre se queren ir dentro dunha marea municipalista ou camiñar da man de Podemos. Será durante os vindeiros días, entre o día 12 e 17 de xuño, cando Esquerda Unida consultará a simpatizantes e militantes para que se pronuncien sobre o acordo electoral de confluencia para o 2019. Estos procesos entre a militancia comezaron xa en algúns concellos, como en Pontevedra ou Narón, e continúan no resto de localidades galegas onde se ten representación. É dicir, naquelas con "máis de cinco militantes".

En declaracións a Galicia Confidencial, o secretario da Organización de EU, Rubén Pérez, apuntou que "o proceso de primarias internas sémpre se cumpre" e que "a asamblea local de EU é quen decide como se presenta, soberanamente".Pérez, que tamén é voceiro do grupo municipal da Marea de Vigo sinala que existe un "mandato estatutario para participar" e fala dun "marco estatal que, por desgraza, non tivemos no 2015".

Así, recoñece "discrepancias" coa coordinadora de En Marea, que nos últimos días mostrou a súa disconformidade co pacto entre Podemos e IU para levar as súas siglas ás municipais, e aposta por un "paraugas máis consolidado" dentro dun "marco estatal".

De feito, unhas das críticas que se lle fixeron a Pérez foi tentar excluír a Marea de Vigo, da que el é voceiro, do acordo estatal entre Podemos-IU. Carmen Santos, a voceira de Podemos, enmendouno pouco depois ao suliñar que dese pacto só quedan excluídos Marea Atlántica, Ferrol en Común e Compostela Aberta, as tres coalicións que gobernan na Coruña, Ferrol e Santiago. 

Rubén Pérez, Eva Solla e Yolanda Díaz tras unha xuntanza da dirección de EU en Galicia
Rubén Pérez, Eva Solla e Yolanda Díaz tras unha xuntanza da dirección de EU en Galicia | Fonte: EP

A decisión das direccións de Podemos e Izquierda Unida de non respectar as mareas municipalistas creadas en 2015 xerou tamén moitas reacción na coordinadora de En Marea. A organización Cerna pediu un novo marco de acordo no que non existan partidos, senón un proxecto político e Luís Villares, líder da formación, chegou a dicir que "ninguén a 600 quilómetros pode impor como se presenta cada marea". Pola súa banda, Anova mantén un significativo silencio, a pesar de ser unha formación nacionalista.

EU-NARÓN A FAVOR 

De feito, nalgunhas agrupacións a decisión da dirección foi acollida de xeito moi favorable. En Narón, a candidatura encabezada por André Abeledo Fernández nas "Primarias Abertas" que IU-EU convocou en todo o Estado español, foi apoiada polo 90% dos votos, Abeledo é o actual Concelleiro desta formación en Narón e será o cabeza de lista defendido por EU en calquera dos escenarios e formulas electorais cara as Municipais do 2019.

André Abeledo declarou a súa intención que que EU Narón "sirva como ferramenta de unidade". "Somos unha organización política que cree na necesidade de crear unha fronte popular capaz de darlle a Narón un xiro cara a esquerda", indicou e suliñou que a "Unidade Popular da xente de esquerdas  debe ser o camiño da transformación social que debemos comezar a andar en Narón".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 27 comentarios

10 arredista

Cantos de serea por parte de EU, e carnaza para trolls por parte de CG. Onde se vai decidir todo é nas mareas de base e nos encontros municipalistas. O vindeiro é en Ferrol o día 30, organizado por FeC, cuxo líder milita en EU. Con iso está todo dito. Sigan ladrando e tendo soños húmidos, que máis cedo que tarde, se frustran.

1 Cheira te pega

serán os desencontros home

9 Trocomocho

IU: 20.000 votos e baixando. De verdade hai alguén medianamente intelixente que queira ir con eles..., e, daaaarlles 2 ou 3 postos importantes????

8 Chan Güi

O CARNAVAL non dura sempre...

7 Pondaliao

Pijocomunistaa-quenta cadeiras de +4.000€ ao mes.

1 comunista independentista

A que vén mencionar aquí a Anita Poltrona, ho? Qué envexa tedes dela e dos seus privilexios.

2 Pondaliao

Quinta columnista do carallo!

3 Cidadán

Comunista independetista: estás mal informado. A Poltronas non baixa de 6.000 netos ao mes por ser xefa e portavoz de grupo parlamentario. Aínda hai clases entre os vividores.

6 RAMIRO DE YOLI

Decidirán lo que resulte mejor para que Yoli Procesiones continúe como diputada en Madrid