A militancia de EU decide se vai con Podemos ou continúa coas mareas

Esta formación abre un proceso entre as bases para votar o modelo de alianza nas municipais. Rubén Pérez recoñece "discrepancias" coa coordinadora de En Marea e aposta por un "paraugas máis consolidado" dentro dun "marco estatal".

Por Alicia Casas | Compostela | 13/06/2018 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

"Estás de acordo con que Esquerda Unida concorra en coalición electoral con Podemos, Equo e outras organizacións políticas nos procesos electorais de municipais, autonómicas e europeas de 2019?". Esta é a pregunta coa que as bases de EU deberán ratificar o acordo recollido na declaración conxunta de IU con Podemos e Equo, dada a coñecer hai uns días e que xerou unha forte polémica no seo de En Marea. Segundo este acordo, todas a candidaturas municipais nas que vaian estas formacións en Galicia terían que levar as siglas de IU, Podemos e Equo.

Alberto Garzón con Yolanda Díaz, Rubén Pérez e Eva Solla durante un acto do Partido Comunista de Galicia (PCG)
Alberto Garzón con Yolanda Díaz, Rubén Pérez e Eva Solla durante un acto do Partido Comunista de Galicia (PCG) | Fonte: blogdelviejotopo.blogspot.com

Os afiliados de Esquerda Unida, a marca de  Izquierda Unida en Galicia, serán os primeiros en pronunciarse sobre se queren ir dentro dunha marea municipalista ou camiñar da man de Podemos. Será durante os vindeiros días, entre o día 12 e 17 de xuño, cando Esquerda Unida consultará a simpatizantes e militantes para que se pronuncien sobre o acordo electoral de confluencia para o 2019. Estos procesos entre a militancia comezaron xa en algúns concellos, como en Pontevedra ou Narón, e continúan no resto de localidades galegas onde se ten representación. É dicir, naquelas con "máis de cinco militantes".

En declaracións a Galicia Confidencial, o secretario da Organización de EU, Rubén Pérez, apuntou que "o proceso de primarias internas sémpre se cumpre" e que "a asamblea local de EU é quen decide como se presenta, soberanamente".Pérez, que tamén é voceiro do grupo municipal da Marea de Vigo sinala que existe un "mandato estatutario para participar" e fala dun "marco estatal que, por desgraza, non tivemos no 2015".

Así, recoñece "discrepancias" coa coordinadora de En Marea, que nos últimos días mostrou a súa disconformidade co pacto entre Podemos e IU para levar as súas siglas ás municipais, e aposta por un "paraugas máis consolidado" dentro dun "marco estatal".

De feito, unhas das críticas que se lle fixeron a Pérez foi tentar excluír a Marea de Vigo, da que el é voceiro, do acordo estatal entre Podemos-IU. Carmen Santos, a voceira de Podemos, enmendouno pouco depois ao suliñar que dese pacto só quedan excluídos Marea Atlántica, Ferrol en Común e Compostela Aberta, as tres coalicións que gobernan na Coruña, Ferrol e Santiago. 

Rubén Pérez, Eva Solla e Yolanda Díaz tras unha xuntanza da dirección de EU en Galicia
Rubén Pérez, Eva Solla e Yolanda Díaz tras unha xuntanza da dirección de EU en Galicia | Fonte: EP

A decisión das direccións de Podemos e Izquierda Unida de non respectar as mareas municipalistas creadas en 2015 xerou tamén moitas reacción na coordinadora de En Marea. A organización Cerna pediu un novo marco de acordo no que non existan partidos, senón un proxecto político e Luís Villares, líder da formación, chegou a dicir que "ninguén a 600 quilómetros pode impor como se presenta cada marea". Pola súa banda, Anova mantén un significativo silencio, a pesar de ser unha formación nacionalista.

EU-NARÓN A FAVOR 

De feito, nalgunhas agrupacións a decisión da dirección foi acollida de xeito moi favorable. En Narón, a candidatura encabezada por André Abeledo Fernández nas "Primarias Abertas" que IU-EU convocou en todo o Estado español, foi apoiada polo 90% dos votos, Abeledo é o actual Concelleiro desta formación en Narón e será o cabeza de lista defendido por EU en calquera dos escenarios e formulas electorais cara as Municipais do 2019.

André Abeledo declarou a súa intención que que EU Narón "sirva como ferramenta de unidade". "Somos unha organización política que cree na necesidade de crear unha fronte popular capaz de darlle a Narón un xiro cara a esquerda", indicou e suliñou que a "Unidade Popular da xente de esquerdas  debe ser o camiño da transformación social que debemos comezar a andar en Narón".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 27 comentarios

5 Fer

André Abeledo eche un tipiño moi espabilado... Iste agarrase a calquer ofrecemento de consolidarse coma concelleiro. Disque mitad nacionalista mitad leninista, pero no mais profundo é un trepa. O padecín moitas veces na Artabria. André, suxírote unha tempada na Siberia... A ver si así sabes o que significa ser estalinista... Pailán do carallo.

4 a nova cebou os expañolentos

a nova chegara a votar co izquierda la unitaria, versión a unidade do proletariado, como xa ten feito o -Vieiras o transforma o Castelo nun.ha escola para pailans do rural, mesmo alguen chega a decir que non e necesario o do 600 quilómetros pois con facer de recibidor das tortas en asuntos de pederastia de outro partido, ou era o mesmo partido o da nova, fixeronse o non se fixeron cargo de todo o asunto o vello, saindo o seu nome, amiguiño asociado o tema da escabrosa e miserenta violacion de nenos pequenos e utilizando ordenatas do congreso, e que facia o señor posto a dedo, ninguen se decataba do que pasaba??? as fotos fixeronme tremer dos xeonllos amiguiños... pero non nos imos render frente a comunista e demais adlaters podreiros

3 Gamela

Se Rubén Pérez traballara tanto no Concello coma está a traballar para volver encabezar a Lista da Marea de Vigo (ou do que carallo queiran escribir nas papeletas en 2019) outro galo nos cantara durante estes catro anos PERDIDOS !!! http://www.galiciaconfidencial.com/... Pero ten mérito iso de CONSULTAR ÁS BASES (sonche tantos coma unha comunidade de viciños e máis da metade sonche parentes e VOTAN POR DELEGACIÓN !!!) https://i.gal/gamela05 Estes serán OS PACTOS DO DEMO !!!

2 nostrus

Izquierda Undida necesita ir de la mano de alguien porque por si sola no se come un rosco. Y se da la circustancia de que los que se lian con ellos salen perdiendo, porque Izquierda Undida solo sirve para restar. Le pasó al PSOE cuando se presentó a las generales en el 2000 y le pasó tambien al PSOE cuando se presentó Galicia teniendo como compinches los comunistos

1 Eu mesmo

Certo. Un dos únicos erros de Camilo Nogueira foi o de ir a unhas autonómicas coaligado con esta tropa, e iso que o lider era Geluco Guerreiro!, o que, verbo de tropa como a Yolanda, Eva ou o Rubén, é como comparar a Rober de Niro con Stallone...

2 Fer

Manda Karallo na Habana! "Un dos únicos erros de Camilo Nogueira", o da Sicav de Luxemburgo, o que desfixo a CiG, o das navalladas, o das fotos e voume, o que tamén se vendeu al PsoE, o que quixi colocar a villa e puxo o xenro... Por certo, Eva, Ruben e Yoli teñen cara de lombrices, que contentos cunha forza inexistente que non representa nada e que os vendidos de ANOVA e da FPG levaron aos altares polo ben de España!

3 Eu mesmo

O teu con Camilo xa foi analisado pola ciencia. Percura no Google o caso do Dr Schreber

1 Mareanta

EU axudando a Podemos a fagocitar a unidade popular en Galicia. Anova axudará a través de movida do día 30 de xuño que organizan conxuntamente con Podemos. Tratan de está dar nos pero aínda que se disfracen cachámolos ben