Temas: CABANILLAS

Ramón Cabanillas ten xa o seu epitafio 50 anos despois do traslado a Bonaval

Máis de dez anos despois de que unha asociación de Cambados pedira que se cumprira a vontade do escritor, Cabanillas ten xa a lousa dun "Poeta Gallego".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 18/06/2018 | Actualizada ás 10:20

Comparte esta noticia

Quero na lousa que me de sosego

Colocan un ramo sobre a lousa de Ramón Cabanillas
Colocan un ramo sobre a lousa de Ramón Cabanillas
esta palabra que ten ás: Poeta

e esta palabra que ten luz: Gallego

No 2018, transcorridos cincuenta anos do traslado dos restos mortais, Ramón Cabanillas ten, por fin, o seu epitafio en Bonaval.

Epitafio na tumba de Ramón Cabanillas en San Domingos de Bonaval
Epitafio na tumba de Ramón Cabanillas en San Domingos de Bonaval

Foi un 12 de agosto do 1967 cando os restos mortais do poeta Ramón Cabanillas trasladáronse do cemiterio de Fefiñáns ó Panteón de Galegos Ilustres, en Santiago de Compostela. Depositáronse nunha caixa de zinc baixo unha lousa, a carón da lousa de  Francisco Asorey, na capela da Visitación da igrexa de San Domingos de Bonaval, onde xa repousaban os restos de Rosalía de Castro e Alfredo Brañas en cadanseu mausoleo. 

Cabanillas repousaba así cos grandes da cultura de Galicia, pero, desde hai 50 anos faltaba algo onde repousan os seus restos; un epitafio. En Bonaval non se colocou o que Cabanillas lle encomendara á súa muller Eudosia no 1915 nun dos primeiros textos do mítico poemario Vento mareiro, que figuraba (e figura) no panteón de Fefiñáns, desde que faleceu en novembro do 1959.

Desde hai anos reclamouse ese epitafio, pero foi en van, en parte pola particular situación do Panteón, despois de que unha sentenza xudicial lle concedese ó Arcebispado de Santiago a propiedade da igrexa de Bonaval. Antes e despois da sentenza, o Museo do Pobo Galego sempre se preocupou de abrir e fechar o Panteón, de vixialo e de mantelo pulcro e coa maior dignidade, aínda que non é función do Museo tal labor. 

A asociación cultural cambadesa “Unha Grande Chea” pediu no 2006 que en Bonaval se respectase a vontade do poeta. A Xunta de Goberno do  Concello de Cambados, a finais do 2009 acordou pedirlle á Xunta de Galicia que dotase o sepulcro de Cabanillas “das melloras necesarias e acorde coa dignidade do defunto” e que esculpise o epitafio. E o académico Francisco Fernández Rei denunciou esa ausencia en reunións do Padroado do Museo do Pobo Galego, en actos e en artigos de prensa.

Precisamente, o pasado mércores 13 de xuño, este académico, acompañada da neta do escritor Aurora Vidal Cabanillas “Pitusa” acudiron a Bonaval para colocar na lousa un ramo de rosas vermellas e brancas, flor tan presente na obra do Poeta das Irmandades da Fala.

Temas: CABANILLAS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta