Goretti Sanmartín evita confirmar se será candidata en Santiago

A militancia tomará a palabra e será "quen fale, diga, faga as propostas... e quen faga a elección, en definitiva", explicou en rolda de prensa.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/06/2018 | Actualizada ás 14:24

Comparte esta noticia

A edil nacionalista Goretti Sanmartín evitou confirmar se dará o paso para ser candidata do BNG en Santiago nas eleccións municipais de 2019, despois de que o seu compañeiro Rubén Cela anunciase que non repetirá. Preguntada respecto diso en rolda de prensa este luns, a concelleira, vicepresidenta da Deputación da Coruña, pediu respectar "os tempos da organización", antes de sinalar que o vindeiro venres 22 o Bloque celebrará unha asemblea local, ás 20,30 horas, onde se votará a proposta ou propostas que se presenten.

A concelleira do BNG e vicepresidenta da Deputación Goretti Sanmartín
A concelleira do BNG e vicepresidenta da Deputación Goretti Sanmartín | Fonte: Europa Press

Alí, segundo explicou, a militancia tomará a palabra e será "quen fale, diga, faga as propostas... e quen faga a elección, en definitiva". Nestes momentos, segundo subliñou, a formación atópase "dentro dun proceso de análise e avaliación" do que foron o últimos tres anos na capital galega, onde reivindicou unha oposición "moi responsable" fronte a un proxecto, o de Compostela Aberta, que ao seu xuízo "non foi capaz" de dar "todo o que debía" aos veciños.

"Encima da mesa", segundo indicou, están "os nomes, as propostas de persoas para encabezar as próximas listas". Cuestionada, neste sentido, sobre se son varias as persoas dispostas a postularse, resaltou que no BNG hai xente "competente" e "con posibilidades de ser candidatos magníficos". Persoas con "capacidades para poñerse á fronte" en Compostela, segundo incidiu.

Nesta liña, destacou que para o Bloque son "máis importantes" os "proxectos", os seus "contidos" e os "equipos". "Cousa que non hai" no actual goberno, segundo reprobou, nunha situación na que ve á cidade nun "impasse clarísimo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

1 Javi Vence

Impás? Impás ten o bloque, máis pendente de coller sillons na deputación que de mirar polos intereses do País. Patético. Seguro que CA o fai fatal pero o BNG e os seus socios do PSoe o fan moi ben na deputación. Anda que...

1 Carmen Lastra

Biba o BNG e biba España! Con La Roja, a por ellos, con pantalla xigante en Moaña! Biba a alcaldesa do BNG, fiel seguidora do Severino de Monforte de Lemos! Arriba o BNG de España, armada invencible, La Raza, Furia española y olé con Lores e Da Silva!

2 Loquito lastra

Onvre ya aparecen los peperos con que hai que dejar governar al PP en la diputación verdá loquito a tu amigo Louzán sobre todo

3 Carmen Lastra

O español que levas dentro sáeche da alma. Parabéns nacionalista español do BNGuai! Nótase que es un mantido e ben instruido do Lores, sempre tapando o seu rabo, que non lle vexan as indecencias. Na camiseta de La Roja, que loces con tanto orgullo, vaslle poñer un pin rexionalista como o do BNGuai?

4 Noxo de vendidos

Así fai país o Bloque: Moaña instalará una pantalla gigante en O Casal para ver el España-Portugal https://www.google.es/amp/s/amp.far... O que conta é a intención: el gobierno local apueste por ubicar un espacio donde poder ver el choque. Será en los aledaños del campo de O Casal, en una explanada junto a la cantina y al local social de la entidad, donde se ubicarán sillas para todas aquellas personas que quieran acercarse a ver el duelo. Ante el elevado coste del alquiler de una pantalla LED, el gobierno local ha optado por realizar una proyección de la señal de televisión.