O Camiño dos Faros comeza a ser famoso no Reino Unido

O xornal británico The Guardian fíxose eco nunha ampla reportaxe do Camiño dos Faros. Na reportaxe definiuse á galega como "unha das costas máis espectaculares de Europa", así como tamén se destacou o carácter "non oficial" da ruta.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/07/2018 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

"O seu nome oficial é Costa da Morte". Así é como The Guardian se fai eco da paisaxe galega e a dá a coñecer no Reino Unido, sinalando que aínda que a xente diga que Galicia é coma Gales, non é tal. Na reportaxe descríbese un clima fresco, praias salvaxes, paredes de pedra seca e flores mariñas rosadas e moradas. E aínda que apunta a que todas estas son características compartidas coa rexión gala, existe unha diferenza: "a mesma costa está noutra liga, ten un profundo abandono da fin do mundo". 

Camiño dos Faros
Camiño dos Faros

Deste xeito, o Camiño dos Faros é descrito na reportaxe cun certo misticismo, nomeando anécdotas "máxicas" que aconteceron en diversos puntos da ruta. Por exemplo, no Cemiterio dos ingleses, o recinto de granito vermello onde descansan 173 mariñeiros do Serpent, un buque da mariña inglesa que naufragou en 1890. Nese punto é onde se detén James Stewart, relatando que alí atopou un ramo de flores frescas de segunda man e coma un epitafio apareceu un barco de tres mastros: "apareceu brevemente na escuridade gris da costa e logo desapareceu de novo como unha pantasma".

Doutra banda, no artigo tamén se relata cando apareceron no medio do camiño uns pescadores e asentiron coa cabeza un "bom dia": "o idioma galego é máis próximo ao portugués que ao español". E coma esta, na reportaxe relátanse outras anécdotas que aconteceron na ruta, ao tempo que se apunta á beleza da costa galega. "O seu nome oficial é Costa da Morte" repiten no artigo. "Esta é unha venta difícil para a xente de marketing, especialmente cando se compite coas famosas Costa do Sol e Costa da Luz", continúa. Por último, o artigo remata lembrando que "Costa da Morte" xurdiu dun artigo de 1904 nunha revista británica, despois doutro naufraxio. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta