Temas: AQUARIUS

A Rede Vértice avoga por ter en conta aos tradutores e intérpretes en situacións de emerxencia

A raíz da recente chegada do buque Aquarius a España, a Rede Vértice considera que aínda que se puxo de manifesto o altruísmo da sociedade, é necesario "mellorar o protocolo de actuación para futuras crises humanitarias".

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/06/2018 | Actualizada ás 17:29

Comparte esta noticia

Con motivo da xestión da interpretación arredor das persoas migrantes que chegaron a Valencia no buque Aquarius, a Rede Vértice salietou que, en casos como este, "o sector da interpretación insta a recorrer a intérpretes profesionais voluntarios en situacións de emerxencia". Así o considerou a rede na reunión que tivo lugar o martes 23, na que estivo presente a Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación (AGPTI)

Migrantes a bordo do Aquarius
Migrantes a bordo do Aquarius

Así, a Rede Vértice avoga por "mellorar os protocolos en despregues solidarios para garantir e protexer os dereitos dos máis vulnerables". A razón: evitar situacións como as que aconteceron nos últimos días nas que, segundo a agrupación de asociacións de tradutores, houbo erros "por descoñecemento", coma asignar homes para interpretar mulleres en posibles situacións de abuso. Deste xeito, consideran que manexar de maneira adecuada unha crise humanitaria pasa por recorrer a intérpretes profesionais voluntarios. "Non só para a propia interpretación, senón tamén para a cordinación e formación dos equipos voluntarios", segundo manifestan. 

"Do mesmo xeito que se acode a médicos e avogados, a presenza de intérpretes e mediadores profesionais é igualmente vital para garantir e protexer os dereitos fundamentais de todos os afectados", apuntan dende a agrupación. E lembran que son necesarias as persoas preparadas e formadas para iso, e que só elas "poden garantir o coñecemento e a sensibilidade lingüísticos e interculturais imprescindibles" para unha comunicación eficaz.

Temas: AQUARIUS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta