Un xulgado pecha a investigación do caso 'Jimmy' sen condenar a ningún dos acusados

Destaca que non existen indicios de criminalidade contra as persoas acusadas e que as testemuñas "non son fiables".

Por E.P. | MADRID | 27/06/2018 | Actualizada ás 14:45

Comparte esta noticia

O Xulgado de Instrución número 20 de Madrid acordou declarar concluída a investigación iniciada após a morte do seareiro do Deportivo da Coruña Francisco Javier Romero Taboada, alias 'Jimmy', sen procesamento, ao non existir indicios de criminalidade contra as persoas sinaladas no proceso.

Francisco Javier Romeu Taboada, alias 'Jimmy'
Francisco Javier Romeu Taboada, alias 'Jimmy' | Fonte: Europa Press

Nun auto, o xuíz chega a esta conclusión após considerar que a declaración da principal testemuña "non é fiable" e non serve de maneira evidente aos efectos "de sustentar o procesamento de persona algunha".

Ademais, establece que a gravación dun videoafeccionado, achegada á causa, da rifa tumultuaria que tivo lugar nas inmediacións do estadio Vicente Calderón, "carece da calidade suficiente para poder establecer sen ningún xénero de dúbida a identidade das persoas que alí aparecen, dada a súa baixa resolución".

Non é a primeira vez que se arquiva o caso, xa que en 2016 o Xulgado de Instrución número 20 de Madrid acordou esa medida, após dos anos de pescudas e ao non acharse o autor material ou autores que acabaron coa vida de 'Jimmy' en novembro de 2014, despois dunha rifa tumultuaria con afeccionados do Atlético de Madrid.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta