Rosalía, Rubén Blades e Wolfmother estarán nas festas do Apóstolo 2018

Os cantantes Rosalía e Rubén Blades, e o grupo de rock Wolfmother son algúns dos "artistas recoñecidos" que participarán nas festas do Apóstolo 2018 na capital galega, que terán lugar do 15 ao 31 de xullo.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/06/2018 | Actualizada ás 15:45 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Os cantantes Rosalía e Rubén Blades, e o grupo de rock Wolfmother son algúns dos "artistas recoñecidos" que participarán nas festas do Apóstolo 2018 na capital galega, que terán lugar do 15 ao 31 de xullo.

Así, o avanzou a alcaldesa en funcións, María Rozas, quen non quixo dar máis detalles da programación e anunciou que o vindeiro martes a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, será quen dea todos os detalles da programación destas festividades.

Iso si, a rexedora en funcións tamén explicou que as festas contarán con "presenza feminina", xa que todos os días haberá concertos de mulleres. Ademais, no Centro Cívico Romaño-Vista Alegre, actuarán artistas migrantes do ámbito musical, cultural e teatral, aclarou.

As actividades da programación destas festividades serán gratuítas, por razóns culturais e de interese público, apuntou a alcaldesa. Deste xeito, as festas terán un custo total de 657.000 euros.

LIMPEZA DE ROZAS

Así mesmo, a alcaldesa anunciou que se aprobou o proceso de adxudicación dun contrato como proposta complementaria de rozas. Con este contrato, preténdese complementar os traballos principais de rozas e así rozar, limpar e manter as marxes de estradas, os camiños fluviais e parcelas municipais, por un custo duns 121.000 euros.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta