O alcalde de Tui reunirase o xoves co delegado do Goberno para analizar as axudas ao municipio

Carlos Vázquez Padín mantivo este sábado un encontro cos veciños afectados.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/06/2018 | Actualizada ás 14:50

Comparte esta noticia

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, reunirase o xoves co delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, para abordar "distintas cuestións relacionadas coa solicitude de declaración da zona gravemente afectada por unha emerxencia de protección civil" e abordar así as posibles axudas, tras a explosión dun almacén clandestino de material pirotécnico na parroquia de Paramos.

Reunión cos veciños. AYUNTAMIENTO DE TUI
Reunión cos veciños. AYUNTAMIENTO DE TUI | Fonte: Europa Press

Así o informou o rexedor na reunión cos veciños que mantivo no Centro Cultural de Guillarei, na que tamén participaron o xerente urbanístico, Rubén Vázquez, e a traballadora social, Carmen González, para dar conta do traballo que está a realizar o Concello, e sobre os asuntos que está a tramitar con outras administracións.

Segundo se indicou desde o Concello, na reunión tamén se expuxo o acordo adoptado no pleno do pasado xoves de habilitar 505.000 euros con cargo ao remanente de tesouraría para a catástrofe de Paramos, en concreto, para a retirada de amianto, o proxecto da xestión de residuos e a contratación de persoal para a atención dos afectados.

Por outra banda, comunicouse que desde o Concello estudarase cos técnicos o encaixe xurídico para que as memorias valoradas das vivendas da zona cero sexan asumidas pola propia administración local e que as axudas municipais poidan incluír tamén a reparación dos vehículos danados na explosión.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta