Un dos fundadores de C21 seguiu moi de preto todo o que aconteceu en torno ao tráxico accidente na curva de Angrois. Nesa traxedia perdeu a súa nai. Desde entón pide que se investigue o acontecido e ten clara as responsabilidades. Nesta entrevista tamén aborda o acontecido noutra gran traxedia, a explosión da pirotecnia de Tui, que tivo que lidiar sendo alcalde. Non dubida en suliñar que, a diferencia do acontecido co Alvia, no seu concello a xestión da crise "está sendo exemplar".