Dous evacuados tras inhalar fume dun incendio declarado na súa vivenda en Ourense

Doutra banda, unha menor recibe asistencia sanitaria ao ser afectada o fume dun lume nun inmoble do barrio de Santa Marta, en Santiago.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/07/2018 | Actualizada ás 20:35

Comparte esta noticia

Dúas persoas de avanzada idade foron evacuadas este xoves por inhalación de fume proviniente dun incendio declarado a súa vivenda na rúa Celso Emilio Ferreiro, en Ourense. Segundo informou o 112, foron os veciños, alarmados pola acumulación de fume nas escaleiras, quen avisaron aos servizos de emerxencias.

Clínico, Chus
Clínico, Chus

Deste xeito, informouse aos bombeiros de Ourense, axentes da Policía Local e aos profesionais sanitarios encargados da evacuación das dúas persoas. En canto aos danos provocados polo lume, os bombeiros da cidade sinalaron que unicamente se danou a campá extractora da cociña.

MENOR EN SANTIAGO

Por outra banda, unha menor recibiu asistencia sanitaria en Santiago despois de resultar afectada o fume dun incendio declarado no interior dunha vivenda situada no barrio de Santa Marta. Dous veciños da zona foron os encargados de avisar ao 112, quen, á súa vez, deu conta aos profesionais sanitarios da situación.

Os sanitarios atenderon in situ á menor, que tiña problemas de asma e cuxo estado se podía ver agravado debido á acumulación de fume no inmoble. Con todo, o 112 indicou que a nena non necesitou ser trasladada e os danos provocados polo incendio se limitaron á campá extractora da cociña. De feito, as chamas xa foran sufocadas no momento en que os bombeiros chegaron ao domicilio.

CASA CALCINADA EN PEREIRO DE AGUIAR

Noutra orde de cousas, o 112 informou dun incendio que arrasou por completo unha vivenda da parroquia de Prexigueiró, en Pereiro de Aguiar.

Aínda que ninguén resultou ferido, as chamas, que comezaron ao redor das 14,00 horas, devoraron por completo o inmoble. Até o lugar dos feitos se desprazaron os bombeiros de San Cibrao das Viñas e os membros do GES de Pereiro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta