Podemos Galicia contesta a En Marea que "non impón" o seu nome nas marcas electorais

Carmen Santos reitera o seu apio a Ferrol en Común, destaca "a unidade" como "o máis importante" e afirma que Podemos "non impón" o seu nome nas marcas electorais. "Apoiamos os proxectos onde gobernamos contra vento e marea", di.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/07/2018 | Actualizada ás 18:58

Comparte esta noticia

A secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, reiterou o seu respaldo a Ferrol en Común após a polémica xerada en torno ao nacemento de Marea de Ferrol, proxecto municipalista escindido das filas de FeC e que xerou críticas cara á dirección de En Marea logo de que varias persoas da coordinadora arroupasen aos seus promotores na presentación.

A secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos
A secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos | Fonte: Europa Press

Este luns, após remarcar que "a unidade é o máis importante", Carmen Santos indicou que Podemos "como organización responsable" continuará apoiando "as tres alcaldías do cambio", en referencia ás da Coruña (Marea Atlántica), Santiago (Compostela Aberta) e Ferrol (FeC).

"Seguimos apoiando aos proxectos onde gobernamos contra vento e marea", aseverou a tamén deputada de En Marea, que, a continuación, incidiu en que os municipios onde gobernan as mareas constitúen "unha liña vermella" para facer valer o veredicto das bases de Podemos que apostaron por establecer alianzas en formato de coalición e co nome 'Unidas Podemos' na marca electoral.

"Como organización responsable imos apoiar as tres alcaldías do cambio porque forman parte do noso proxecto e son un referente a nivel nacional, non só galego", apuntou.

NOME ELECTORAL

Ademais, Santos tamén se referiu ao comunicado emitido pola coordinadora de En Marea este luns, no que remarcan que o partido instrumental naceu co obxectivo de "superar a coalición de partidos e promover un espazo soberano de adscrición individual, onde as decisións as teñan as persoas inscritas e non as cúpulas dos partidos, que pretenden decidir incluso o nome co que as mareas concorren ás eleccións a 600 quilómetros de distancia".

Para a número un de Podemos Galicia, esta última afirmación é "totalmente errónea" porque o partido morado "non impón ningún nome a ningún proxecto municipalista". "Traballamos na unidade coaligándonos. Non queremos impor nin que se nos impoña. A imposición non vale nin dun lado nin do outro", resolveu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Eu mesmo

CinicoooooooooooooSSSSSSSSSS!

2 PODREIROS A ROUBAR

onde queda que as bases elixen os dirixentes, mentiras e mais mentiras do podreiros, a casona de mandriles 650.000 WALDO DAS JONS O COLETAS - https://www.youtube.com/watch?v=nUm...

1 pudimos

Contra vento e marea sempre sae o roto para o descosido de Yolanda