Por Telmo Martín | Pontevedra | 06/04/2011
Durante os últimos 11 anos, o alcalde incluíu nos orzamentos 149 M€ de investimentos, dos cales 86 M€ quedaron sen executar, ou o que é o mesmo, un 58% do total. Un dato que retrata á perfección ao bipartito pontevedrés.
Está claro que eses cartos existían, porque do contrario o interventor non deixaría que se incluíran no presuposto. Entón se finalmente non foron executados, só hai dúas posibles explicacións: a falta de capacidade de xestión do goberno para cumprir as súas propias previsións e o desvío de recursos que se ían destinar a investimentos ao gasto corrente. Este último foi o caso máis habitual, como tantas veces os contei neste blog.
Lores e os seus voceiros, coma sempre, negarán á realidade. Pero abaixo déixovos un documento que recolle as adxudicacións reflexadas nas actas das xuntas de goberno e dos plenos e un cadro resumo. Isto é a realidade, son datos obxectivos. Eu dende aquí reto ao goberno a que diga se falta un só € no noso cómputo. Iso si: dicindo nome do proxecto, data de adxudicación e número de partida orzamentaria.
Ten graza que o BNG e o PSOE se dediquen a criticar a viabilidade económica da Nova Pontevedra 2.0, que custaría 77 M€, dos cales 30 sairían da caixa municipal. Eles, en 11 anos, deixaron 86 M€ sen investir.
INVESTIMENTOS CONCELLO 2000-2010