Reggaetón e bachata, os xéneros estrela dos novos lanzamentos dos cantantes da verbena galega

Este mes estreáronse tres videoclips de recoñecidos artistas do mundo da orquestra. Dj Federato aposta polo reggaetón no seu tema 'Dime que me quieres'; Arodi Llanos, nese mesmo xénero, sacou a canción 'Una noche más', e Wladi Paz decantouse pola bachata con 'Te va a doler'.

Por Ángela Precedo | Santiago de Compostela | 15/07/2018 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

Reggaetón e bachata, os dous xéneros latinos por excelencia convírtense nos ritmos dos novos lanzamentos en solitario de importantes cantantes do mundo da verbena galega. Nas últimas semanas, dende comezos do mes de xullo, persoeiros das orquestras de Galicia sacaron ao mercado 'singles' que o están rompendo nas pistas de baile. Tal é o caso de Federico Asensio (orquestra New York), con 'Dime que me quieres'; Arodi Llanos (grupo Nueva Fuerza), con 'Una noche más'; e Wladimir Paz (solista), con 'Te va a doler'.

Captura tirada do videoclip do tema 'Dime que me quieres', de Dj Federato.
Captura tirada do videoclip do tema 'Dime que me quieres', de Dj Federato.

DJ FEDERATO, 'DIME QUE ME QUIERES'

O reggaetón chegou pisando forte, primeiramente, da man de Federico Asensio, máis coñecido no mundo da verbena como Dj Federato (orquestra New York), que estreou o seu tema 'Dime que me quieres', rodado en A Coruña, nun atardecer en O Portiño, que para o cantante é "un dos tantos sitios incríbles que ten a cidade". Ademais, outra das partes está rodada nunha nave ás aforas de Santiago.

O videoclip comeza nunha zona costeira, cunhas cores moi cálidas propias do verán e do mes de lanzamento do sinxelo, e un coche descapotable que percorre unha estrada ao borde do mar, moi en liña co estilo dos clips americanos. A continuación, preséntase unha bailarina que será a que poña o toque de movemento ao ritmo da música, no interior dunha fábrica con multitude de pintadas e 'graffities' visualmente agradables, nunha contorna moi propia da subcultura urbana da que procede este estilo musical. Seguidamente, cando comeza a letra, aparece Fede subido no alto dun monumento pétreo.

Captura tirada do videoclip do tema 'Una noche más', de Arodi Llanos.
Captura tirada do videoclip do tema 'Una noche más', de Arodi Llanos.

Sobre a inspiración para escribir esta canción, Fede indica que se trata dunha "historia bastante complexa", xa que "está baseada en feitos reais". Neste senso, asegura que na realidade "foi a moza quen mo dixo a min e impactoume moito esa conversación", polo que na canción "hai palabras textuais que me dixo", como é o caso de: "prefiero vivir una mentira que sufrir con la verdad". Polo tanto, o cantante uruguaio explica que "só busquei a forma de plasmalo (ese momento) nunha canción". Así, "primeiro escribín a letra e creei a melodía vocal, e logo busquei a instrumentación que lle quedara mellor, sempre querendo facer algo moi 'popero', comercial e cun son fresco, de ahí as fusións que ten co trap, o reggaetón e o nombatón". 

Polo que respecta ao proceso de composición, Fede bromea con que "tardaría dez minutos...". "Cada vez que conto como compoño as cancións a xente ríese ou sinxelamente non me cre", mais "o certo é que cando algo me inspira o vou escribindo e así me vai saíndo", porque "si vexo que non resulta fluído, que me tranco ou que non vou por onde quero deixar esa composición, déixoa de lado e a traballar nunha nova idea".

"Dime que me quieres, yo sé muy bien que eso no es lo que sientes; dímelo una vez más, aunque sé que no es verdad, quiero escucharte por más que sé que mientes", versa o inicio da canción. Durante este fragmento, intercálanse nas dúas repeticións do coro gran cantidade de planos medios e primeiros planos dun Fede con lentes de sol que realiza xestos propios dos artistas do xénero reggaetón --Daddy Yankee, Don Omar, Wisin y Yandel, entre outros-- cantando a cámara con cada xiro e acrobacia da bailarina, secuenciando planos a modo de ráfagas moi rápidas que dan movemento ao clip.

"Me gustan las cosas que dices cuando estás conmigo y todo lo que de tu boca pueda salir, sea verdad o sea mentira; si juegas conmigo, es un juego en el que yo también me puedo divertir", continúa o tema de Dj Federato. "Juguemos, dale, que la suerte ya está echada, las cartas no se pueden marcar; dime que me quieres, sino no digas nada, por qué mejor no callas y te dejas besar".

Nesta liña, as estrofas anteriores ao coro versan: "ay, cada noche cuando te imagino, tú y yo, dos copas y una botella de vino, tú me dominas y cuando quieras te domino; fuego en la habitación, un paraíso clandestino". Aquí, a secuencia de planos continúa na mesma dinámica, sucedéndose imaxes de Fede e da propia bailarina, sempre cun ritmo que resulta pegadizo e bailable para o ouvinte.

Tras isto, dase un cambio na secuencia musical, Fede baixa a intensidade da voz e relata: "si me besa tu boca, si tu mano me toca, me vuelvo loco, me puedo enamorar". Nese momento, e xunto a esta frase, cambia a escena e vese ao cantante uruguaio e a unha moza sentados no sofá dun cuarto, tomando viño e brindando, sorrindo cómplicemente. Apóstase nesta parte por primeiros planos da mirada de ambos, mentres beben e se miran fixamente. Logo, continúa: "sé que no me convienes, sé que esto te entretiene y jjuego con fuego, aunque sé que me voy a quemar".

A continuación, xa repite partes, a modo de necesaria cadencia para que o ouvinte poida seguir e para que poida pegárselle o tema, como "juguemos, dale, que la suerte ya está echada, lo que el azar nos dicte ya no puede cambiar"; e engade: "dime que me quieres, sino no digas nada, ya estamos en el baile, pues vamos a bailar".

O máis importante da música de Dj Federato é que cambia moito as letras, non se volve repetitiva, así como os tons de voz e ritmo. E, nesta liña, engade no medio do tema unha baixada intensa de ritmo e entonación, coa frase "prefiero vivir una mentira que sufrir con la verdad, por qué pensar que juegas conmigo pudiendo ver que hay algo especial". Nesa parte, a parella formada por Fede e a moza do sofá aparece fumando en shisha --pipa de auga ou cachimba-- e agarrándose da man no momento en que a cámara fai un plano detalle do xesto.

"Prefiero ser el que siempre está ahí, ser quién proteja en las noches tus sueños", asevera o tema, mentres no videoclip se enfoca unha paisaxe de costa en verán, con visión panorámica, coma unha alusión aos soños e ao mundo idílico do que fala esta estrofa, que finaliza ao son de "dime que me quieres que, aunque se que mientes, me encanta escucharte, me encanta tenerte".

Federato finaliza o tema 'Dime que me quieres' coa súa propia firma, ao estilo de todas as cancións de reggaetón: "una vez más, el Federatón --nome artístico de Federico Asensio--, desde la casa que sólo crea éxitos... ¡Dime que me quieres!". E remata o videoclip lanzando un bico cara a cámara antes de que a pantalla se volva en negro.

Polo que respecta aos seus futuros lanzamentos, Fede informa de que, "por sorte, hai unhas cantas cancións xa rematadas e teño pensado sacalas nun CD, seguramente ao rematar a temporada da orquestra", mais, "mentres tanto, vou ir sacando 'singles', cos seus respectivos videclips". Apunta que "hai un que se chama 'Quién va a encender la luz", un tema "moi especial no que ademáis non estou só", xa que "é un dueto con Zeus Rey" (orquesta París de Noia). Cre que "ese tema seguro que vai dar moito que falar, porque non ten nada que ver con todo o anterior que fixemos xuntos, e estamos os dous moi ilusionados". Deste xeito, anuncia que "ese vai a ser o próximo en salir" e "tamén estou rodando agora mesmo imaxes para un videodocumenal". E, bromea, "ao que lle guste o Federatón, tranquilo, que hai Federatón".

Deste xeito, cando fala sobre a acollida de 'Dime que me quieres' por parte do público, Fede asegura que "foi incríble", polo que está "moi, moi contento", porque "é un tema ao que lle adiquei moitas horas de producción, tentando facer que sonara como eu quería, que tivera o meu toque persoal, mais que á vez soara como algo moi grande", por iso "o videoclip o traballamos con moito cariño". Neste senso, indica que "toda a música que eu fago está traballada deste xeito, moi artesano" e "cando traballas así na música e ves que a xente o recibe co mesmo cariño co que ti o fixeches, todo vale a pena, as horas no estudio xa están amortizadas". Ademais comenta que "estame pasando algo moi bonito, e é que hai xente á que admiro como músicos e profesionais que están compartindo e deixándome unhas mensaxes súper emocionantes, algo que non ten precio".

ARODI LLANOS, 'UNA NOCHE MÁS'

Seguindo nesta temática de reggaetón, Arodi Llanos aposta por un tema moi na liña de cantantes latinos como Maluma ou Ozuna, titulado 'Una noche más'. O videoclip, rodado nunha praia de Tenerife, nas Illas Canarias, plantexa dous cambios de vestiario do cantante tinerfeño, e aposta polos tons máis fríos e en cores pastel, cuxa intensidade vai subindo a medida que avanza o clip, que presenta planos moi traballos e algúns deles moi orixinales.

Comeza con planos detalle dos seus pés camiñando pola area, mentres se ve o movemento que podrucen ao levantar as pedras. Deste xeito, e sempre fiel ao seu rollo e toque canario, ao seu estilo urbano --cun vestiario no que incorpora unha camiseta floxa, uns pantalóns vaqueiros rotos cinguidos, unhas lentes de sol e unha chapa militar--, comeza a canción cunha exquisita pronuncia en inglés: "I feel alright, when you touch me I can fly away; I lose my mind, without your body voy a enloquecer...". Incorpora así nesta introducción unha fusión de castelán e inglés que aporta un toque diferente e despista ao ouvinte nun primeiro momento.

Arodi asegura que o reggaetón é o xénero musical "onde me sinto máis cómodo á hora de compoñer e cantar", sempre co toque rapeado que marca a diferencia no cantante canario. A súa facilidade para compoñer é tal que asegura que desenvolver este tema só lle levou "unha hora, non moito máis" a creación de 'Una noche más'. Así, asegura que a letra "saiu da nada", xa que "hai cancións nas que me inspiro pensando en historias doutras persoas".

Tras a primeira frase en inglés, o videoclip da paso a planos detalle en movemento do corpo dunha muller, que perseguen o percorrido que fan as súas propias mans tocándose o corpo, de maneira insinuante, sen expoñer explícitamente a sexualidade, senón a sensualidade. Así se van sucedendo os planos de Arodi cantando nunha especie de dunas e os planos da xoven, á que non se lle ve o rostro en ningún intre.

"Ayer te busqué ma', y no te encontré, y no te encontré; desapareciste ya, y no sé qué hacer, no sé qué hacer". Nesta frase os xestos das mans do cantante tinerfeño seguen ese ritmo urbano, ao son de "dime que tu cuerpo me va a llamar otra vez... Solo en una noche no puedo conocerte". En ambas estrofas a cámara procura innovar na captación de planos, entre os que cabe citar un no que Arodi aparece reflexado nunha poza con gran nitidez.

Ademais, nas seguintes partes, o cantante cambia a súa posición na praia e ponse a contraluz do sol, mentres se inicia a posta do mesmo, motivo polo que a silueta proporciona moito xogo e unhas bonitas imaxes para proceder ao coro: "déjame una noche más, que quiero más, quiero más; déjame unha noche más, te vuelvo a besar, vamos a terminarlo".

Sen embargo, a parte máis explosiva da canción, pegadiza e de ritmo máis urbano, nesa liña de entonación que ten Arodi --moi semellante á de Maluma--, xa case chegado o minuto e medio de tema: "hoy toca hacerlo al 200%, lo siento; te juro esta noche te voy a robar el aliento, no miento; hace ya tiempo que llevo esperando el momento de hacértelo lento, de hacértelo lento". "Te voy a decir lo que siento; vente ma', desnúdate, que quiero verte, actívate, porque voy a robarte toda", continúa moi explícitamente a letra.

Logo, de novo, repite a parte en inglés, onde pon o seu rexistro de voz máis doce, coa gran facilidade que o ten para cambiar o ton: "dime que tu cuerpo me va a llamar otra vez, solo en una noche no puedo conocerte". Tras esta frase chega a despedida do videoclip, na que o cantante aporta o seu toque que o diferencia do resto, cunha firma que versa "you know what it is baby, come on", cun plano panorámico fronte á posta de sol, coma se dunha secuencia cronolóxica se tratase todo o videoclip, dende a tarde ata a chegada da noite.

Sobre os seus novos traballos, Arodi asegura que "sempre teño proxectos en mente e cancións por sacar xa compostas". Finalmente, polo que respecta á recepción do seu tema por parte do público, asegura que a acollida foi "bastante boa", porque "á xente gústalle", polo que "agora, o obxectivo é chegar a moita máis xente que me poida escoitar".

WLADIMIR PAZ, 'TE VA A DOLER'

Pola súa banda, Wladi Paz aposta por un xiro no xénero latino, neste caso cara a bachata, no seu novo tema, 'Te va a doler', que pegará moi forte durante este verán e xa o está facendo nas pistas de baile de todo o mundo, chegando a países tan diversos como Francia, México ou Vietnam.

O videoclip, rodado na súa totalidade na illa de Gran Canaria, presenta a un sentimental Wladi, que narra visualmente a súa historia de amor-desamor cunha muller á que acariña no medio dunha praia. O propio compositor afirma que se inspirou no "desamor", porque é algo que "pasan e viven intensamente moitas persoas cando menos o esperan"; e bromea: "que intenso, non?".

Wladi xustifica a elección do xénero musical da bachata fronte a outras opcións debido a que "son latino" e a que é un xénero co que "creceu musicalmente", aínda que "tamén polo auxe que está tendo agora mesmo tanto en Europa como no resto do mundo", que é "a donde está enfocado o meu proxecto e a donde intentaremos chegar". Por iso, móstrase consciente de que "non deixa de ser un reto difícil, pero á vez ilusionante".

"Hoy vienes a decirme que se acaba, que ya paras, que aunque me quieras todo esto llegó al final; que soy lo mejor que hay en tu vida, pero no puedes ser mía, que tienes miedo y ya no lo puedes dejar", comeza o tema. "Y ahora yo qué hago, con este amor qué hago, prefieres olvidar, te estás equicando". "Te va a doler, te va a doler, cuando sus besos no te exciten y te recuerden lo que hiciste conmigo, te va a doler, te va a doler".

O tempo de composición para Wladi é incalculable porque "sinceramente non me puxen a pensar niso", polo que "non sabería dicir exactamente". Con todo, si se fala do produto final como tal --"preproducción, produción e posproducción ata lograr o resultado que se exhibe ao público"--, apunta a un periodo de 4 meses.

Sobre os seus próximos proxectos ou futuros lanzamentos, Wladi sinalou que "estamos inmersos nun 100% nesta nova etapa", xa que "foron, son e serán moitas horas de traballo", debido a que este proxecto "encerra moitas cousas e sorpresas que iremos desvelando aos poucos e no seu xusto momento".

Finalmente, polo que respecta á acollida por parte do público do single 'Te va a doler', o cantante venezolano móstrase consciente de que "non é fácil poder colocarse ou entrar no mercado, sabiamos que sería moi difícil". Non entanto, asegura que a acollida "está sendo fantástica, grazas a deus", e "está superando as primeiras expectativas". Así, informa de que o videoclip rexistrou case 10.000 reproducións en Facebook "en tempo récord", sen incluír YouTube e outras plataformas dixitais. Por iso, asegura que "non teño palabras de agradecemento polo apoio e as mostras de agarimo que me están dando os que me coñecen".

Por outra banda, apuntou ao seu intento continuo de que a súa música "poida chegar a outros países" e está "moi contento", porque este primeiro single "está tendo moi boa receptividade en países como Francia e Italia". Así, indica que, "a nivel radial, temos constancia de que está empezando a soar en México", así como "nalgunhas zonas do resto de España". "Non podo estar máis contento", pero "aínda queda moito traballo por facer", asegura Wladi cun toque de humildade. Finaliza o clip coa súa firma persoal: "chichi sabrosura".

Captura tirada do videoclip de 'Te va a doler', de Wladimir Paz.
Captura tirada do videoclip de 'Te va a doler', de Wladimir Paz.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta