Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 19/07/2018 | Actualizada ás 15:41
En abril deste ano, unha fotografía de Dolores Leis Antelo, unha muller de 64 anos residente en Cabana de Bergantiños (A Coruña), circulaba masivamente polas redes sociais e medios de comunicación de todo o planeta. O seu extraordinario parecido co polémico presidente dos Estados Unidos Donald Trump sorprendou a todo o mundo. Agora, a Dolores saíulle unha competidora rusa.
Unha nova versión de Donald Trump foi fotografada viaxando nun autobús en Rusia, mentres o auténtico presidente de Estados Unidos e o ruso Vladimir Putin se reunían a miles de quilómetros de distancia, en Helsinki (Finlandia).
A imaxe foi capturada por un usuario de Instagram. Nela vese unha muller anónima que mira pola xanela dun autobús, cun xesto que, din, lembra ao do mandatario estadounidense. A nova fotografía tamén causou sensación nas redes sociais e medios internacionais e nacionais, como aconteceu coa imaxe de Dolores Leis Antelo.
A fotografía desta muller galega fixérase tamén viral polo seu extraordinario parecido co presidente de Estados Unidos. O feito de estar ademais labrando o campo fixo desta imaxe unha fonte case infinita de chanzas sobre Donald Trump.
Dolores concedera unha entrevista a Paula Vázquez, reporteira de La Voz de Galicia, sobre como a choiva atrasara os labores da colleita.
Cal das dúas mulleres se parece máis a Donald Trump?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.