Vídeo: Queiman a foto do rei español Felipe VI ao berro de "lume" e "viva Galiza ceive"

Agora Galiza reclamou a rutura do “réxime do 78” e un “bloco popular antifascista” nos actos do Día da Pátria.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 25/07/2018 | Actualizada ás 21:43

Comparte esta noticia

Os actos convocados pola formación independentista Agora Galiza remataron coa queima dunha foto –tamaño natural-- do monarca español Felipe VI e baixo os berros de "lume" e "viva Galiza ceive". Esta plataforma foi a única do arco nacionalista-independentista que foi máis alá nas súas reclamacións por unha “Galiza livre e soberana”, a diferencia do acontecido na outra manifestación independentista de Causa Galiza, ou mesmo a do BNG, na que a súa líder, Ana Pontón, mesmo evitou falar de independencia.

Queima da foto do monarca español Felipe VI
Queima da foto do monarca español Felipe VI | Fonte: Agora Galiza

É o segundo ano no que Agora Galiza conmemora o Dia da Pátria cun acto político. “Frente à processom do autonomismo, e as diversas competências da esquerda pseudoruturista, Agora Galiza defendeu a alternativa revolucionária do independentismo socialista e feminista galego”, sinala esta formación.

De feito, nesta manifestación tamén se leron saúdos de partidosde Andalucia, Brasil, Chile, Equador, País Basco, Paraguai, Portugal, da República Dominicana, Venezuela, o Estado español e do MIC [Manifesto Internacionalista de Compostela]. 

O ato político foi aberto por Paulo Vila que defendeu unha estratexia de “luita obreira e popular”, como a única via para conquistar o futuro, “frentre o eleitoralismo e parlamentariamo” de formacións como o BNG ou En Marea.

Acto político de Agora Galiza nos actos do Dïa da Patria
Acto político de Agora Galiza nos actos do Dïa da Patria | Fonte: Agora Galiza

Finalmente, Carlos Morais, manifestou que, “frente à deriva reacionária do regime é necessário levantar um bloco popular antifascista”. O acto rematou coa queima da foto do monarca español e un xantar de confraternización en Bonaval. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

3 anonimo

Un estado galego independente e comunista produciría unha caída brutal do nivel de vida de todos os galegos. Nun mundo globalizado, e nun país envellecido, eso sería algo suicida. A ninguén lle seduce moito o " socialismo real" que existe hoxe. E cando " Agora Galiza" " pide" ou " reclama" ou " esixe" non se sabe a quén lle esixe eso. Se eles mesmos son catro, non se entende " a quen" lle piden algo. Repetir o mesmo de sempre so convence aos xa convencidos.

2 Risquiño

A diversidade sempre é boa, pero a realidade é que non hay unha maioría independentista na Galiza. Mentres non exista un partido nacionalista de dereitas que sexa capaz de poñer os porcos musulmáns hispanos mugrentos no seu sitio...e proclama-la superioridade manifesta do pobo galego, caladiño si pero con mala ostia... Non haberá un golpe de timón real na concienciación da psique galaica. Un populismo de dereitas etnófobo anti bastardos hispaniois para restar apoios ó PP e volcar o peso específico electoral cara a Esquerda é a solución estratéxica. A política é teatro, senón explicade presidentes como Reagan, ou Trump...hai que manexar as cloacas da sociedade para cambiala.

1 ASegundaMetade

Ah! A clásica análise q nunca pasa de moda porque é certa. Sabes o fallo que ten? Que xamais explica a segunda parte: a incapacidade total do galeguismo non-marxista para organizarse e facer un proxecto político de seu. Socialdemócratas, nacionalistas kármicos, europeístas convencidos, sebastianistas, atlantistas, etecé non son quen de facer nada. Só latricar do único que, mal que ben, existe. Por que será isto?

1 Sabugueiro

Dende fóra do mundo da política istes de Agora Galiza parécenme unha especie de círculo pechado de cadros marxistas, cun comportamento diría que seitario... Sempre sós, sen predisposición a medrar, nin a unirense a proxectos con maiores expectativas, sen actividade política electoral.... Canto perde o independentismo galego ciscallado en partidiños!!! E canto habería q aprender das CUP e do proces de Vinarós, que puxo fin a iste mesmo defecto do que adoecía tamén o independentismo catalán fai anos

1 Gamela

Non sei nada dos problemas internos da CUP pero supoño que serán similares aos problemas da esquerda galega... https://i.gal/gamela05