Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 03/08/2018 | Actualizada ás 08:25
Teatro, música e danza arredor da cultura viquinga. Que ten en conta a vida e época do poeta guerreiro como fonte de inspiración. Unha representación contemporánea da súa vida. Unha narrativa do mito viquingo que salienta os aspectos importantes desta cultura. Un espectáculo que vén de visitar Dinamarca, Noruega, Polonia e Irlanda e chega a Catoira. Serán os días 2 e 3 de agosto, ás 22:30 horas, no recinto das Torres do Oeste.
Este proxecto, segundo a organización, potenciará as economías locais e o emprego e contribuirá a crear unha rede ampla e duradeira entre os socios culturais implicados na preservación, presentación e comercialización do patrimonio viquingo. O seu director artístico, Craig Morrison, conta coa colaboración da Escola Municipal Úrsula Teatro de Catoira, así como con artistas de boa parte de Europa.
O roadshow forma parte dun proxecto do programa Europa Creativa, financiado pola Unión Europea, para facer o patrimonio viquingo transnacional accesible e visible para o público mundial, e do que o Concello de Catoira é socio.
A ROMARÍA VIKINGA
Esta edición da romaría vikinga en Catoira deu comezo o pasado sábado 28 de xullo, pero aínda quedan días para poder desfrutar das actividades que ofrecen, xa que remata o domingo 5 de xullo. Descenso en piragüa, música medieval, xogos vikingos...son algúns exemplos do que poderemos atopar indo a Catoira. Un programa cultural no que destaca o "impactante" espectáculo audiovisual "Follow the Vikings".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.