Por E.P. | VIGO | 14/08/2018 | Actualizada ás 15:00
O grupo municipal do PP no Concello de Vigo volveu a reclamar este martes "todo o expediente" sobre a celebración do festival O Marisquiño, e esixiu ao alcalde, Abel Caballero, que faga público o informe no que se garantía a seguridade dos asistentes a este evento: "Se non existe, o alcalde ten que marchar".
Así o manifestou a portavoz do grupo, Elena Muñoz, quen criticou que o goberno local non lles achegou "ningunha información" sobre cuestións como a autorización para celebrar un concerto "nun paseo no que a deterioración era evidente", a realización de probas de carga no lugar do evento, ou un informe "que garantise que ese lugar era seguro".
"O paseo afundiuse, e o concerto autorizouno o alcalde", proclamou Muñoz, quen advertiu de que, senón existe ese informe de seguridade, "o alcalde ten que marchar". "Non serve que agora queira desviar a atención", engadiu a concelleira do PP.
Elena Muñoz afirmou que, após un accidente "gravísimo", os cidadáns necesitan saber que o seu alcalde "antepuxo a súa seguridade" á celebración dun evento, porque "pór en risco a vida das persoas non ten xustificación nun representante público".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.