Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 22/08/2018 | Actualizada ás 11:47
"Compartimos con eles a defensa por un Servizo Público e Único que garanta a prestación dun servizo esencial de calidade no eido das emerxencias e a prevención e loita contra os incendios forestais en Galicia", declaran dende a Asociación Profesional de Bombeiros Forestais de Galicia. E é que APROPIGA vén de manifestar o seu apoio ao colectivo de axentes forestais e medioambientais na loita pola defensa dos seus dereitos laborais e salariais. Vén de convocar a todos os bombeiros forestais do SPDCIF a acudir á manifestación deste mércores en Vigo.
"Para así reivindicar os incumprimentos reiterados do goberno da Xunta de Galicia para co colectivo de traballadores e traballadoras do SPCIF que seguimos a padecer unha precarizacion intolerable", sinalan.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.